Surf Outras Nova escola de surf na Coruña: Soul Surfing
Nova escola de surf na Coruña: Soul Surfing
Venres, 06 Febreiro 2009 14:12
Soul Surfing School é unha nova escola de surf situada na praia de Bastiagueiro (Coruña) a escasos 300 metros da praia. A nova escola está recoñecida polas FES e a ISA, e está dirixida por Bruno Alabau, recoñecido longboarder, adestrador nacional, e o selecionador nacional de surf con Pablo Solar, na actualidade é tecnico-adestrador da seleccion española.

A escola ábrese ao publico co fin de compartir todos os coñecementos adquiridos ao longo dos anos, tanto para iniciación como perfeccionamento e competicion, contando ademas con clinics impartidos polos mais destacados membros do surf nacional e europeo.

Os cursos están dirixidos e impartidos en grupos reducidos por tecnicos titulados, e inclúen todo o material asi como seguro e desprazamento. As clases impártense a diario e tamén a fin de semana.
 
 
Máis info en Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo

 
0 Votes


Atención! Este sitio emprega cookies e tecnoloxías similares.

Non mudar a configuración do teu navegador implica que aceptas o seu uso.

Acepto

Sobre Nós

Surf GZ é un xornal surfeiro que ten coma obxetivo promover e espallar a cultura da xente da praia pola Rede. Levamos traballando dende 2008 e levamos máis de 4.000 novas publicadas grazas ao traballo dos nosos colaboradores.

Colabora connosco!

Podes colaborar connosco como corresponsal ou fotógrafo enviando os teus artigos, fotos, vídeos, crónicas de campionatos e outros eventos. Estamos encantados de publicar os vosos traballos pra que cheguen a máis xente. Axúdanos!

As nosas Redes

Podes seguirnos nas Redes sociais onde estamos publicando e compartindo novas de seguido. Únete á conversa en: