Surf Outras Varias Federacións Galegas deportivas salpicadas pola corrupción dentro das investigacións da Operación Pokémon
Varias Federacións Galegas deportivas salpicadas pola corrupción dentro das investigacións da Operación Pokémon
Venres, 24 Abril 2015 14:47

Pokemon surfA pasada semana a xuíza Pilar de Lara autorizou aos axentes da Axencia Tributaria a recabar datos fiscais de 60 empresas da provincia da Coruña e Lugo relacionadas coa importante operación anticorrupción Operación Pokémon que leva activa dende o 2012.

Estes días os nomes destas empresas e asociacións comezaron a ser publicadas por mor do levantamento de parte do segredo de sumario, nestes documentos aparecen a Federación Galega de Salvamento e Socorrismo, Federación Galega de Atletismo, a Federación Galega de Baloncesto, o equipo de baloncesto Basquet Coruña, Unilever, Vendex, Eulen, Ranstad e outras 50 empresas.

Segundo recolle o auto da xuíza estas empresas, federacións e asociacións recibían favores e subvencións a cambio de supostas comisións e tamén pagos en forma de contratacións de familiares e amigos dos políticos implicados. Este caso salpica a varios partidos políticos como PSdG, BNG e PPdG pero en especial aos alcaldes e concelleiros do Partido Poular da Coruña e Santiago,onde houbo xa varias renuncias e dimisións por estes supostos subornos e tráfico de influencias, e maila Deputación da Coruña, tamén salpicada.

Na seguinte ligazón podedes ler parte dos emails entre un concelleiro da Coruña e un Conselleiro da Xunta de Galicia enchufan a unha filla dun amigo nas probas para socorristas nas praias da Coruña e que implican tamén a Federación Galega de Socorrismo e Salvamento.

A Operación Pokémon é unha pescuda xudicial desenvolvida en Galicia desde setembro de 2012 en relación con distintos episodios de suposta corrupción, e onde se viron envoltos algúns políticos galegos, como o alcalde de Ourense, Francisco Rodríguez, o alcalde de Boqueixón, Adolfo Gacio, ou o ex concelleiro de Urbanismo de Lugo, Francisco Fernández Liñares. Foron imputadas preto dun centenar de persoas entre directivos empresariais, políticos e funcionarios, convertendo á Pokémon na maior trama de corrupción destapada en Galicia.

Seguiremos informando...

Rectificación: Acabamos de correxir a noticia sobre a organización do Pantín Classic despois da rectificación do diario de Pontevedra sobre o listado de empresas investigadas pola operación Pokémon. As nosas sinceiras desculpas ao PANTIN CLASSIC​ polo dano causado por mor desta info incorrecta sobre o sumario publicado.

Tedes + info sobre a Operación Pokémon nesta ligazón:

http://gl.wikipedia.org/wiki/Operación_Pokémon

Noticias relacionadas:

http://www.eldiario.es/galicia/Correos-Coruna-candidato-PP-Ourense_0_381112232.html

http://diariodepontevedra.galiciae.com/gl/noticia/380313/de-lara-amplia-las-indagaciones-de-la-pokemon-60-empresas

{fcomments}

 
7 Votes
Cartel

Atención! Este sitio emprega cookies e tecnoloxías similares.

Non mudar a configuración do teu navegador implica que aceptas o seu uso.

Acepto

Sobre Nós

Surf GZ é un xornal surfeiro que ten coma obxetivo promover e espallar a cultura da xente da praia pola Rede. Levamos traballando dende 2008 e levamos máis de 4.000 novas publicadas grazas ao traballo dos nosos colaboradores.

Colabora connosco!

Podes colaborar connosco como corresponsal ou fotógrafo enviando os teus artigos, fotos, vídeos, crónicas de campionatos e outros eventos. Estamos encantados de publicar os vosos traballos pra que cheguen a máis xente. Axúdanos!

As nosas Redes

Podes seguirnos nas Redes sociais onde estamos publicando e compartindo novas de seguido. Únete á conversa en: