Ampliación da data de inscripción ata o 4 marzo-Bloque Específico "Curso de Técnicos Surf" |
Sábado, 28 Febreiro 2009 10:15 | |||
Debido a problemas co servidor web da Federación Galega de Surf, ampliamos o prazo para inscribirse ata o día 4 de Marzo inclusive, para o envío das inscripcións pódense cubrir os datos que se piden na ficha de inscripción, nun e-mail e envialo a Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo , tamén se pode facer enviando un fax coa ficha de inscripción ao nº 986299378. No momento de facer o ingreso no banco prégase facer constar no concepto o nome da persoa inscrita no curso e sinalando Curso de Técnicos. Mais información nos documentos adxuntos. As persoas que teñan que realizar as probas de acceso: deberán presentarse o venres 7 de Marzo as 15:00 na praia de Patos. FORMACIÓN Xa está aberto o prazo para a convocatoria do "Curso de Adestrador de Surf de Nivel I: Bloque Específico"
Tal e como se indica no REAL DECRETO 1363/2007, do 24 de outubro, polo que se establece a ordenación xeral das ensinanzas deportivas de réxime especial. («BOE» 268, do 8-11-2007.) Os cursos de técnicos constan de 3 niveis, cada un destes niveis está formado de tres bloques: 1-Bloque común: pódeste informar sobre as convocatorias deste bloque en http://www.deportegalego.es/ ou poñéndote en contacto coa Dirección Xeral para o Deporte. 2-Bloque específico: convocado pola Federación Galega de Surf: www.fgsurf.com . 3-Prácticas: Ao aprobar o bloque común e o bloque específico establecerase un período de prácticas nunha das escolas homologadas da FGS. “Bloque Específico” O curso desenvolverase nos meses de Marzo e Abril de 2009 o lugar de realización será na Coruña e en Vigo, Ampliación da inscripción ata o 4 de Marzo inclusive Federación Galega de Surf
|
Novidades:
- A beleza das Rías Altas
- Comunicado FGS: Convocatoria seleccionadores e director/a técnico/a
- Illa Pancha Challenge - Canal do Chumbo
- Novo comunidado FGS: mobilidade praias
- Minisurf en Prado
- O mellor do Illa Pancha Challenge 2021
- Illa Pancha Challenge 2021
- Entrevista a Martina Álvarez | My Surf Coach
- FGS - Comunicado deporte federado