La Conservera del Surf: nace unha nova escola de surf na Rías Baixas da man de Jaji Iglesias |
Xoves, 03 Decembro 2015 12:17 | |||
Hoxe, xoves 3 de decembro nace un novo concepto de escola de surf que toma como valores o ensino da cultura do surf desde a educación e a ilusión que desde moi xóvenes, os promotores deste novo concepto aprenderon a surfear sen medios e facilidades. 'La Conservera de Surf - Academia del Mar' é unha nova idea promovida por Alejandro "Jaji" Iglesias, un dos pioneiros do surf en Vigo e arredores. Para este proxecto Jaji contará cun gran equipo formado por expertos surfeiros, técnicos e profesores. A súa mensaxe é sinxela: Queremos conservar a esencia do surf desde a nosa experiencia de máis de 25 anos creando unha Academia do Mar sen precedentes. As ondas, as mareas e os ventos son unha prioridade para os diferentes niveis dos alumnps. Facendo fincapé no trato próximo e persoal. A experiencia do surfeiro é fundamental para o goce, e as boas ondas non están sempre no mesmo sitio. Por iso percorrerán España asesorando en diferentes ámbitos e realizando eventos ao longo do ano.
Ademais informar que este novo concepto de escola de surf preséntase o venres 18 ás 19:00 na Federación Galega de surf en Vigo. Ademais da charla, o sábado 19 e domingo 20, o surfeiro profesional Gony Zubizarreta impartirá un exclusivo clínic como apertura da Conserveira do Surf. + info en: http://laconserveradelsurf.com https://www.facebook.com/La-Conservera-del-Surf {fcomments}
|
Novidades:
- Fechado por Obras!
- Dreamy Longboard Surfing Galicia
- Convocada a 1ª Proba da Liga Galega de Bodyboard en Barrañán/Valcobo
- Campionato 30 Aniversario Arealonga Surf - 25 de Xuño
- Eric Rebiere: Sunset surf Ferrol
- Surfeando nas Catedrais con Carrecedo
- Surf e Tapas no Orzán
- Convocado o I Log Jam Festival en Bastiagueiro
- Surfing con Marcos Heinrich