Surf Outras Máis de 100 Papa Noeis surfearan este domingo en Baiona
Máis de 100 Papa Noeis surfearan este domingo en Baiona
Venres, 18 Decembro 2015 18:26

O mareton que se achega para o domingo a Patos obriga a trasladar este tradicional e único evento nas Rias Baixas ao Concello de Baiona. Xa está todo preparado para a recepción dos Papa Noeis surfeiros en Patos e como cada ano o frií parece que non vai amedrentar os case 100 inscritos que hai até a data par celebrar por noveno ano consecutivo. A cita é na praia da Ladeira ás 16:00h do domingo 20de decembro.

vídeo da edicion 2009)

Patos surf club organiza unhas clases de surf gratuítas na praia de patos, disfrazados de papa Noel, xa que a data do Nadal obriga, aínda que isto poida parecer mais propio das cálidas augas australianas que das xélidas galegas, sobre todo nesta época do ano. Todo o mundo que queira participar recibirá un gorro de papa Noel na escola de surf.

E como non ao terminar agasallos para os nenos que foron bos e chocolate quente para todo o mundo ademais do típico brinde do Nadal con champaña.

+ Info: Patrick Vilan 625420154  -  Pedro Novalbos- 630954691

www.patosurfclub.com

https://www.facebook.com/patos.escola/?fref=photo

{fcomments}

 
1 Vote
Cartel

Atención! Este sitio emprega cookies e tecnoloxías similares.

Non mudar a configuración do teu navegador implica que aceptas o seu uso.

Acepto

Sobre Nós

Surf GZ é un xornal surfeiro que ten coma obxetivo promover e espallar a cultura da xente da praia pola Rede. Levamos traballando dende 2008 e levamos máis de 4.000 novas publicadas grazas ao traballo dos nosos colaboradores.

Colabora connosco!

Podes colaborar connosco como corresponsal ou fotógrafo enviando os teus artigos, fotos, vídeos, crónicas de campionatos e outros eventos. Estamos encantados de publicar os vosos traballos pra que cheguen a máis xente. Axúdanos!

As nosas Redes

Podes seguirnos nas Redes sociais onde estamos publicando e compartindo novas de seguido. Únete á conversa en: