Surf Outras Santa Clowns Surfing Day - Xoves 24 en Patos
Santa Clowns Surfing Day - Xoves 24 en Patos
Martes, 22 Decembro 2015 10:18


Este xoves 24 vas poder participar nun evento solidario pra repartir algo de felicidade con nenos da Fundación Theodora grazas a Prado Surf Escola que organiza o Santa Clowns Surfing Day a partires das doce do mediodía.

A Fundación Theodora nace hai 20 anos en Suíza, cando André e Jan Poulie crearon esta organización en homenaxe a súa nai, pois ela era quen os animaba durante as súas estancias hospitalarias cando eran pequenos. Esta fundación ten actividade en España desde o ano 2000 e o seu obxectivo é o mesmo, levar a alegría e a diversión a todos os nenos que se atopan hospitalizados, contando con gran un grupo de pallasos que axuda a que a estancia dos nenos nos hospitais sexa o mellor posible.

Tedes + info en:

http://www.pradosurfescola.com/santa-clowns-surfing-day/

{fcomments}


 
0 Votes
Cartel

Atención! Este sitio emprega cookies e tecnoloxías similares.

Non mudar a configuración do teu navegador implica que aceptas o seu uso.

Acepto

Sobre Nós

Surf GZ é un xornal surfeiro que ten coma obxetivo promover e espallar a cultura da xente da praia pola Rede. Levamos traballando dende 2008 e levamos máis de 4.000 novas publicadas grazas ao traballo dos nosos colaboradores.

Colabora connosco!

Podes colaborar connosco como corresponsal ou fotógrafo enviando os teus artigos, fotos, vídeos, crónicas de campionatos e outros eventos. Estamos encantados de publicar os vosos traballos pra que cheguen a máis xente. Axúdanos!

As nosas Redes

Podes seguirnos nas Redes sociais onde estamos publicando e compartindo novas de seguido. Únete á conversa en: