Surf Outras Costas solicita o pago integro do canon ás escolas de surf do Barbanza
Costas solicita o pago integro do canon ás escolas de surf do Barbanza
Xoves, 07 Abril 2016 18:06

Surf Riveira Galicia

De novo temos noticias sobre o regulamente imposto por Costas e Concellos ás escolas de surf na provincia da Coruña e sobre todo ás cinco escolas de Porto do Son e Riveira. Polo que sabemos Costas solicita o abono integro das tasas de 200€ por mes e Concello a estas escolas sen dereito a nada e con moitas obrigacións. Por exemplo se queren dar clases en Corrubedo e Furnas van ter que pagar 400€ ao mes por ser de diferentes Concellos.

O encargado da recaudación será o Concello ou se non quere será a Deputación a encargada de recaudar os cartos. As escolas non van poder poñer bandeiras nin material na praia e están obrigados a señalizar e balizar sen concretar como, no texto aparece que poden ter un alumno por cada tres metros balizado, esta norma non ten sentido e foi decidada sen consultar ás escolas. Por exemplo se teñen 20 alumnos deberán balizar 60 metros de praia?

A maioría das praias da zona non contan con servizos, duchas nin socorristas pero as escolas van ter que pagar se queren realizar as súas actividades. Tampoco explican na nova normativa como van controlar as actividades das escolas xa que os Concellos non contan con medios pra velar por estas normas.

A Federación Galega de Surf continua a intermediar con Costas pra suavizar estas medidas e facilitar o traballo das escolas. Seguiremos informando...

Foto da nova: Alex Grip Surf School

Norma publicada no BOP:

http://bop.dicoruna.es/bopportal/publicado/2016/01/05/2015_0000012460.pdf

{fcomments}

 
1 Vote
Cartel

Atención! Este sitio emprega cookies e tecnoloxías similares.

Non mudar a configuración do teu navegador implica que aceptas o seu uso.

Acepto

Sobre Nós

Surf GZ é un xornal surfeiro que ten coma obxetivo promover e espallar a cultura da xente da praia pola Rede. Levamos traballando dende 2008 e levamos máis de 4.000 novas publicadas grazas ao traballo dos nosos colaboradores.

Colabora connosco!

Podes colaborar connosco como corresponsal ou fotógrafo enviando os teus artigos, fotos, vídeos, crónicas de campionatos e outros eventos. Estamos encantados de publicar os vosos traballos pra que cheguen a máis xente. Axúdanos!

As nosas Redes

Podes seguirnos nas Redes sociais onde estamos publicando e compartindo novas de seguido. Únete á conversa en: