Posidonia Sustainable Friends Festival - 22 e 23 de Xullo |
Venres, 22 Xullo 2016 09:13 | |||
Posidonia Sustainable Friends Festival espéravos por primeira vez en Vigo co evento dedicado á posidonia oceanica. Tras a primeira etapa de xuño en Sitges, o Posidonia Sustainable Friends Festival festival internacional de arte media ambiente e desenvolvemento sustentable, chega a Vigo (Galicia) o 22 e 23 de xullo, antes de partir cara á localidade italiana de Santa Margherita Ligure do 1 ao 4 setembro.
O Posidonia Sustainable Friends Festival realízase en varias etapas grazas ao apoio de Friend of the Sexa e Friend of the Earth, líderes na certificación de produtos sustentables e promotor da plataforma www.sustainablefriends.com, un espazo sen ánimo de lucro, onde se pode aprender sobre proxectos que se desenvolven en todo o mundo para axudar ao medio ambiente. A plataforma, de uso completamente libre, pon en relación persoas, organizacións, escolas, negocios e actividades que teñen como obxectivo común apoiar o medio ambiente. O evento terá luga na sede da Fundación Sales, onde se celebrará un fin de semana de conferencias, cinema, exposicións, concertos e talleres para adultos e nenos. O festival desenvólvese en colaboración con Fundación Vigo Convention Bureau, RENFE como transportista oficial terrestre, Deputación de Pontevedra e en partnership mediática con Industrias Pesqueiras e Cerveza Salada ademais de colaborar con varias institucións, asociacións e voluntarios locais. Posidonia Sustainable Friends Festival é un ecofestival internacional de arte, medio ambiente e desenvolvemento sustentable, e forma parte de redes internacionais de iniciativas similares, traballando activamente en campañas de sensibilización co fin de concienciar sobre o respecto ao medio ambiente a través de accións concretas utilizando o linguae artístico. Tedes + info na súa web e no seu Facebook: http://posidoniasustainablefriends.com https://www.facebook.com/PosidoniaFestivalGreen {fcomments}
|
Novidades:
- Fechado por Obras!
- Dreamy Longboard Surfing Galicia
- Convocada a 1ª Proba da Liga Galega de Bodyboard en Barrañán/Valcobo
- Campionato 30 Aniversario Arealonga Surf - 25 de Xuño
- Eric Rebiere: Sunset surf Ferrol
- Surfeando nas Catedrais con Carrecedo
- Surf e Tapas no Orzán
- Convocado o I Log Jam Festival en Bastiagueiro
- Surfing con Marcos Heinrich