Surf Outras Nace o Golfiño Surf Clube en Pontevedra
Nace o Golfiño Surf Clube en Pontevedra
Mércores, 01 Abril 2009 11:46

Temos o pracer de anunciar a creación dun novo Clube de Surf na cidade de Pontevedra, o Golfiño Surf Clube. O seu presidente é José Diego Domínguez Fernández "Pipo", coñecido surfeiro galego que leva moitos anos competindo na auga.

O seu presidente comentounos que desde o ano 1990 que empezou no mundo do surf e cunha longa carreira profesional neste deporte e co fin de fomentar e promocionar o surfing nas costas galegas nas novas xeracións, os seus valores, a súa práctica e a súa cultura creouse o Golfiño Surf Clube.

Por medio do do noso clube poderás federarte na Federación Galega e así apoiarás ao Surf, Bodyboard e Longboard en Galicia, a súa promoción mediante cursos gratuítos, apoio ás escolas e clubes nas súas actividades, na organización de campionatos, cursos de iniciación e perfeccionamento, cursos de técnicos e xuíces, campionatos, viaxes e surfcamps, etc... e así beneficiarche dos convenios para comprar material deportivo.

Esta licenza de federado inclúe un Seguro de Responsabilidade Civil, Seguro de Accidente, desde o día da súa tramitación, con atención as 24 horas, a través de Caser Campos e Rial, S.A., Correduría de Seguros.

A póliza cubre as esixencias do RD 849/03 de Seguro de Accidentes Deportivos Asistencia médico-cirúrxica e sanatorial en accidentes ocorridos no territorio nacional, sen límites de gastos, e cun límite temporal de até dezaoito meses desde a data do accidente.

Ademais deste Clube creouse unha escola de Surf, Bodyboard e Longboard onde se impartirán clases teóricas e prácticas, desde a súa iniciación até o seu perfeccionamento, para todos aqueles que queiran practicar este marabilloso deporte e formar parte da cultura do Surf.

O Golfiño o que realmente desexa é inculcar e motivar aos mozos e non tan novos a este deporte tan apaixonante, iniciándolles, informándolles e aconsellándolles en todo o posible para que poidan gozar do Surf e das ondas, e nun futuro poidan chegar a ser surfeiros profesionais.

Co teu carné de federado polo Golfiño Surf Clube, poderás dispor de descontos do 10% nos diferentes establecementos concertados que se detallan a continuación:

  • Boardculture: Ofréceche a posibilidade de encargar unha táboa a medida (altura e peso) e completamente personalizada (debuxos, cores e deseños).
  • Zorlaks Surfborads: Ofrece o mesmo que ?Boardculture?, táboas a medida e personalizadas, así como descontos en arranxos de táboas.
  • Porto Escondido: Surf Shop en Pontevedra e Vigo.
  • Snappers: Surf Shop no Grove, C/ Escalinatas de Confín, nº 9.
  • Pui-Pui: Surf Shop en Vigo. C/ Progreso, nº 39.
  • Paris Dakart: Situado na Praia de Major-Noalla-Sanxenxo. www.parisdakart.com.
  • Bici ou Com: Bicicletas e todo tipo de accesorios. (Pontevedra e Vigo).
  • Centro Estética Peregrina; Masaxes e estética en Pontevedra, C/ García Camba, nº 4-2º-B.


Non esperes a que cho conten, fedérate canto antes polo noso Clube para formar parte do Golfiño Surf e así disporás de todos estes descontos e moitas cousas máis, para iso non dubides en porche en contacto nos teléfonos indicados ou no correo electrónico Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo

Un saúdo a todos e vémonos na Praia.

José Diego Domínguez Fernández.

Presidente Golfiño Surf Club.
C/ Oliva, nº 6-1º-B.-36001-Pontevedra.
Telf: 886090571.-Móbil: 679932586.-Fax: 986852246.

 

 
Pipo, o presidente do Golfiño Surf Clube, entubando en Queiruga.

 


 

 
0 Votes
Cartel

Atención! Este sitio emprega cookies e tecnoloxías similares.

Non mudar a configuración do teu navegador implica que aceptas o seu uso.

Acepto

Sobre Nós

Surf GZ é un xornal surfeiro que ten coma obxetivo promover e espallar a cultura da xente da praia pola Rede. Levamos traballando dende 2008 e levamos máis de 4.000 novas publicadas grazas ao traballo dos nosos colaboradores.

Colabora connosco!

Podes colaborar connosco como corresponsal ou fotógrafo enviando os teus artigos, fotos, vídeos, crónicas de campionatos e outros eventos. Estamos encantados de publicar os vosos traballos pra que cheguen a máis xente. Axúdanos!

As nosas Redes

Podes seguirnos nas Redes sociais onde estamos publicando e compartindo novas de seguido. Únete á conversa en: