Vaite de surfari con Compostela Campers |
Mércores, 06 Febreiro 2019 12:24 | |||
A empresa de alquiler de autocaravanas en Galicia, Compostela Campers, proponnos a experiencia «Galicia surfing», con alugueres especializados en surfeiros que aúnan campers gran volume dotadas de todas as facilidades e accesorios complementarios para o teu aluguer e estancia, como barras de teito para levar táboas de surf, pádel boards, kaiaks, cadeados de combinación para gardar as chaves, kits para mascotas, etc. Se vos decidides a contratar esta experiencia, Compostela Campers orientaravos sobre as condicións de ondas e tamén vos recomendará as mellores zonas da nosa costa en función das condicións meteorolóxicas, nivel de surf, surfshops, restaurantes, aparcadoiros e todos os servizos que necesites durante as vacacións.
Páxina Web: compostelacampers.com
Facebook: www.facebook.com/compostelacampers/
|