Presentada a candidatura da Costa da Morte como Reserva Mundial del Surf |
Mércores, 15 Maio 2019 18:56 | |||
Este pasado luns levouse a cabo a posta en común da carta de solicitude para comezar o proceso de candidatura da Reserva Mundial de Surf na Costa da Morte. No acto participaron os representantes dos concellos da Costa da Morte e o grupo promotor da candidatura. Os puntos de encontro foron o MUSEO MAN Camelle e o Cemiterio dos Ingleses, lugares simbólicos para a argumentación da candidatura. Estes son os principais criterios que Save The Waves avalía para outorgar o recoñecemento de World Surfing Reserve: 1) Unha onda moi importante a nivel internacional ou unha serie de ondas de gran calidade. O programa World Surfing Reserves de Save The Waves non só protexe o medioambiente, é unha iniciativa de sustentabilidade integral. Busca protexer o entorno das ondas económica, cultural e socialmente, de xeito que poidamos seguir desfrutando do indescriptible pracer de deslizarse polas ondas do noso territorio dun xeito digno. Tedes máis info na páxina de Facebook oficial da candidatura: https://www.facebook.com/costadamortewsrcandidature
|
Novidades:
- Dreamy Longboard Surfing Galicia
- Convocada a 1ª Proba da Liga Galega de Bodyboard en Barrañán/Valcobo
- Campionato 30 Aniversario Arealonga Surf - 25 de Xuño
- Eric Rebiere: Sunset surf Ferrol
- Surfeando nas Catedrais con Carrecedo
- Surf e Tapas no Orzán
- Convocado o I Log Jam Festival en Bastiagueiro
- Surfing con Marcos Heinrich
- Os mellores momentos do Cabreiroa Junior Pro Ferrol