WE Surfing Day |
Luns, 01 Xullo 2019 21:03 | |||
Resumo do primeiro evento a través da plataforma We deste verán coa colaboracion de Caión Surf House e Maeloc Way o pasado sábado 1 de xuño na praia de Caión. Limpeza de praia e día de surfing para todos os públicos e niveis, pasando un día en familia con obradoiros de reciclaxe e sustentabilidade, charlas de activismo ambiental nunha contorna natural única. E pra rematar un concerto de Hexany en formato acústico. O proxecto @wesustainability é a continuación de 10 anos de coidado do Medio Ambiente e compromiso coa Sustentabilidade, sendo o mar de novo o eixo para o desenvolvemento do mesmo. 10 anos limpando praias, realizando eventos en distintas localizacións e cidades, promocionando o surf, skateboarding, arte e cultura no ámbito familiar. Por iso, é momento de potenciar o proxecto e o noso compromiso para facelo máis grande e ambicioso, involucrando a máis marcas e asociacións buscando novamente un impacto e concienciación na sociedade para e por un futuro mellor nas seguintes xeracións. Puxémonos uns obxectivos a curto e longo prazo, e como todo proxecto de sustentabilidade e medio ambiente, temos as nosas 8 "erres". #RESPECTAR, #REDUCIR, #REXEITAR, # REUSAR, #RECICLAR, #REPARAR, #REFACER E # REPOST. Máis información achega do proxecto aquí: https://www.vazva.es/es/content/48-we-project
|