Cartel
Surf Outras 3º Surf Swap na Coruña
3º Surf Swap na Coruña
Venres, 17 Decembro 2021 16:19

Esta fin de semana tedes o III SURF SWAP, no que que colabora Lobos de Mar Surf Clube como é tradicional por Nadal, durante o Mercado das Nubes na Coruña, situado no precioso edificio do Mercado de San Agustín.

Poderás atopar táboas e outro material de surf e skate de segunda man para comprar a bo prezo e co mellor asesoramento! Tamén poderás traer o teu material que xa non queiras para vendelo ou cambialo e darlle unha segunda vida.

Venres 17, sábado 18 e domingo 29, esperámoste no Mercado das Nubes.

Se queres máis información, ou traer o teu material, ponte en contacto previamente mandando un email a: Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo

Tamén poderás atopar á venda a nova colección Lobos de Mar Surf Clube para o 2022 e algunhas sorpresas para poder conseguir os mellores agasallos de Nadal.


 
1 Vote


Atención! Este sitio emprega cookies e tecnoloxías similares.

Non mudar a configuración do teu navegador implica que aceptas o seu uso.

Acepto

Sobre Nós

Surf GZ é un xornal surfeiro que ten coma obxetivo promover e espallar a cultura da xente da praia pola Rede. Levamos traballando dende 2008 e levamos máis de 4.000 novas publicadas grazas ao traballo dos nosos colaboradores.

Colabora connosco!

Podes colaborar connosco como corresponsal ou fotógrafo enviando os teus artigos, fotos, vídeos, crónicas de campionatos e outros eventos. Estamos encantados de publicar os vosos traballos pra que cheguen a máis xente. Axúdanos!

As nosas Redes

Podes seguirnos nas Redes sociais onde estamos publicando e compartindo novas de seguido. Únete á conversa en: