Sábado, 06 Agosto 2022 15:42 |
Levamos un par de semanas sen actualizar os contidos da web porque estamos a traballar na nova páxina web e a nova imaxe do noso proxecto. Xa tocaba darlle un lavado de cara. Son moitos anos publicando novas, vídeos e artigos a prol do surf galego con moita ilusión e traballo. Agora estamos a artellar unha nova plataforma web e pensar en novos contidos de máis calidade.
Esperamos ter pronto novidades e abrir a nova web en Setembro! Namentres, vémonos na praia! Grazas pola vosa confianza dende 2008!
|