Surf Surfeiros
Surfeiros
Marcos Heinrich & Beluga [VIDEO]
Luns, 11 Novembro 2013 00:00

Velaquí tedes un vídeo de Marcos Heinrich probando unha das súas novas pranchas Bowltash o pasado verán perto da súa casa. Marcos é un dos mellores riders galegos e hai pouco estivo de viaxe por Indonesia na compaña de Abel Lago, rider profesional de kitesurf que tamén é local da costa do Barbanza.

Ler máis...
 
Adestramentos de Juan Fernández [VIDEO]
Xoves, 07 Novembro 2013 07:00

Novo vídeo profile do surfeiro da Coruña Juan Fernández, adestrando con Kako García e 'The Camp' facendo exercicios e tamén surfeando.

 
Mick Fanning limpando a oficina [VIDEO]
Xoves, 17 Outubro 2013 19:27

Sobran comentarios pra este vídeo feito por Go-S.tv coas imaxes de Mick Fanning recollendo lixo despois de se dar un baño na súa viaxe por Europa pra competir no ASP World Tour.

 
One of the Great Northern [VIDEO]
Venres, 11 Outubro 2013 10:35

Velaquí tedes o novo video profile de Esteban Hermida 'Tibi' coas mellores imaxes da última tempada e con tubazos en Indonesia, Galiza e Portugal. Grabado casi todo por  Isa Garcia. Editado por KarpeNorthCoast

Ler máis...
 
Isa Gundín subcampiona Sub-14 e finalista sub-16 no Rip Curl Grom Search de Euskadi.
Xoves, 20 Xuño 2013 09:41

Non queremos deixar pasar esta nova sen publicar co excelente resultado de Isabel Gundín no Rip Curl Grom Search de Euskadi no que rematou de segunda en sub-14 e meteuse na final de sub-16. Euskadi é a potencia peninsular do surf e os seus riders destacan sobre a media e por iso ten tanta importancia que unha das nosas riders máis novas sexa capaz de entrar na auga e loitar polas primeiras prazas fronte a rapazas de máis idade. Todo isto non sería posíbel sen o apoio do seu adestrador Kako García e os seus sponsors.

Ler máis...
 
The Winter Goes Off [VIDEO]
Luns, 17 Xuño 2013 12:32

Novo vídeo coas mellores imaxes de surf e viaxes de Pablo Montero e Alex Vilalta o pasado mes de Maio. Boas ondas en Malpica e tamén na Coruña...

Ler máis...
 
Gony Zubizarreta New Profile [VIDEO]
Venres, 17 Maio 2013 17:35

Novo vídeo profile do mellor rider galego de todos os tempos, Gony Zubizarreta non para de entubar e sacar potentes xiros en todas as súas sesións. Nesta nova entrega tedes imaxes de gony adestrando e conducindo un día normal da súa vida. Vídeo: Lodofilms

Ler máis...
 
Luís Ansín is 'On Fire' [VIDEO]
Luns, 06 Maio 2013 00:00

Nova vídeo entrega de Luís Ansín coas súas mellores ondas deste último inverno en Montalvo, Patos e Malpica, onde foi o vencedor da proba do Circuíto Galego. Moito surf e moitas manobras radicais da man deste novo rider.

Ler máis...
 
Marlon Lipke Vazva Team Profile [VIDEO]
Luns, 22 Abril 2013 12:16

Vídeo profile de Marlon Lipke como rider do equipo Vazva de surf.

Ler máis...
 
My Winter - Luís Ansín [VIDEO]
Luns, 15 Abril 2013 00:00

'My Winter' é o novo vídeo co resumo das mellores ondas de Luís Ansín do pasado inverno polas Rías Baixas. Este novo rider é unha das promesas do surf galego e o seu surfing potente e radical mostra a súa capacidade pra surfear en toda tipo de condicións ofrecendo sempre un bo espectáculo.

Ler máis...
 
<< Inicio < Anterior 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 Seguinte > Final >>

Páxina 11 de 28

Outras noticias que tamén che poden interesar:

Cartel

Atención! Este sitio emprega cookies e tecnoloxías similares.

Non mudar a configuración do teu navegador implica que aceptas o seu uso.

Acepto

Sobre Nós

Surf GZ é un xornal surfeiro que ten coma obxetivo promover e espallar a cultura da xente da praia pola Rede. Levamos traballando dende 2008 e levamos máis de 4.000 novas publicadas grazas ao traballo dos nosos colaboradores.

Colabora connosco!

Podes colaborar connosco como corresponsal ou fotógrafo enviando os teus artigos, fotos, vídeos, crónicas de campionatos e outros eventos. Estamos encantados de publicar os vosos traballos pra que cheguen a máis xente. Axúdanos!

As nosas Redes

Podes seguirnos nas Redes sociais onde estamos publicando e compartindo novas de seguido. Únete á conversa en: