Surf Surfeiros
Surfeiros
Presentación en Vigo de "Vómitos de Vida"
Xoves, 09 Setembro 2010 13:24

Jaji Iglesias vai presentar este venres na cidade de Vigo xunto ao fotógrafo madrileño Carlos Álvarez o seu primeiro libro conxunto na Galería de arte Triart na rúa Gamboa nº3 ás 20:30. O libro fala da vida dun perdedor que ten moitos vicios e que odia á sociedade na que vive, un relato dun home solitario e perdedor...

Relatos breves pero contundentes mestúranse con imaxes limpas pero directas. Sen unha orde establecida nin un argumento que haxa que seguir ao pé da letra. Cada un pode interpretar o que queira. Á fin e ao cabo, trátase dunha idea diferente de contar as cousas. De dous puntos de vista que, como todos son únicos, pero que se se analizan e únense, forman unha boa metade.

Ler máis...
 
Homenaxe a Yasmina - 7 de Agosto - A Lanzada
Venres, 30 Xullo 2010 00:00

A vindeira fin de semana vai ter lugar na praia da Lanzada unha despedida-homenaxe a Yasmina.

O acto será ás 14:00 horas.

Por favor, acudide cos vosos neoprenos, bodyboards e pranchas de surf pra coller unha onda na súa lembranza.


 
Jaji Iglesias & Carlos Álvarez presentan este venres "Vómito de vida" na Coruña
Xoves, 29 Xullo 2010 23:58

Das diferentes experiencias e puntos de vista dun galego e un madrileño nace un libro castizo de carallo. O mítico surfeiro vigués Jaji Iglesias apresenta hoxe xunto ao fotógrafo madrileño Carlos Álvarez o seu primeiro libro conxunto na tenda Vazva da Coruña as 20:30. O libro fala da vida dun perdedor que ten moitos vicios e que odia á sociedade na que vive, un relato dun home solitario e perdedor...

Relatos breves pero contundentes mestúranse con imaxes limpas pero directas. Sen unha orde establecida nin un argumento que haxa que seguir ao pé da letra. Cada un pode interpretar o que queira. Á fin e ao cabo, trátase dunha idea diferente de contar as cousas. De dous puntos de vista que, como todos son únicos, pero que se se analizan e únense, forman unha boa metade.

Ler máis...
 
Gony Zubizarreta en Sri Lanka [VIDEO]
Venres, 23 Xullo 2010 09:01

Velaquí tedes os tres novos videos da viaxe de Gony Zubizarreta por Sri Lanka. Neste campionato Gony non tivo boa sorte e ficou eliminado nas primeiras roldas do evento. Aínda así, esta viaxe deixou a Gony moi contento polas experiencias vividas tanto dentro coma fora da auga.

Ler máis...
 
O futuro xa está aquí!!
Mércores, 21 Xullo 2010 06:00

Cada día que pasa somos un chisco máis vellos e máis lentos pero por fortuna as novas xeracións de riders veñen pisando forte. Yoli Rodríguez rematou na terceira posición no Bakio Rip Curl Groms celebrado a primeiros de xullo no País Basco. Nomes como Lalo Díez e Rafa Dopico empezan a repetirse nos podios de diferentes competicións estatais e outros moitos están a entrenar duramente pra se facer un lugar nas súas praias. Neste artigo tedes unha pequena escolma de fotos e videos destas promesas do noso surf.

YOLANDA RODRIGUEZ ANEIROS

Yoli Rodríguez competindo en Bakio - Foto: Occy

Ler máis...
 
Fotos da Homenaxe a David García
Luns, 19 Xullo 2010 01:00

O pasado sábado tivo lugar na praia da Lanzada unha homenaxe de lembranza a David García recentemente falecido. Este xoven rider local da Ría de Pontevedra tivo unha fermosa despedida nun día despexado co ceo azul e o mar tranquilo. Velaquí tedes as fotos feitas por Benito Oliveira que estivo presente durante toda a despedida.

DAVID GARCIA

Ler máis...
 
Entrevista a Gony en Volcom TV [VIDEO]
Venres, 02 Xullo 2010 08:20

Velaquí tedes unha entrevista feita pola xente de Volcom a Gony Zubizarreta o mes pasado. A entrevista está feita en inglés. Gony fala un pouco da súa vida e algo de surf. Despois de varios campionatos con escasos resultados Gony vai pasar o mes de xullo adestrando en Portugal e preparando os vindeiros campionatos nos que vai participar.

Ler máis...
 
Nova web de Yolanda Rodríguez
Martes, 22 Xuño 2010 00:00

Yolanda Rodríguez estrea blog na rede onde vai publicar as fotos das súas sesións e os resultados das probas nas que compite. Deste xeito o mundo blogueiro surfeiro galego medra un chisco máis e temos outro blog de referencia. Yolanda gañou este ano o Toro Fish Volcom celebrado en Cádiz, o Zentolo Surf na Lanzada e chegou a varias finais.

Ler máis...
 
Novo blog de Luis Ansín
Xoves, 17 Xuño 2010 00:00

Luis Ansín ven de abrir o seu blob en internet: videos, fotos, resultados e a súa biografia, son algunhas das cousas que podedes atopar neste interesante blog deste xoven surfeiro das Rías Baixas de 14 anos. Luis leva varios anos competindo no circuito galego con bos resultados grazas ao seu adestrador Pipo Dominguez. 

Ler máis...
 
Broken Arrows - Luis Rodríguez [VIDEO]
Mércores, 16 Xuño 2010 00:00

Novo video de Jesús Busto grabado en Doniños do 26 de maio ao 2 de xuño de 2010 e coa actuación estelar da estrela do surf de Ferrolterra, Luis Rodríguez. Música: Broken Arrows de José González.

Ler máis...
 
<< Inicio < Anterior 21 22 23 24 25 26 27 28 29 Seguinte > Final >>

Páxina 21 de 29


Atención! Este sitio emprega cookies e tecnoloxías similares.

Non mudar a configuración do teu navegador implica que aceptas o seu uso.

Acepto

Sobre Nós

Surf GZ é un xornal surfeiro que ten coma obxetivo promover e espallar a cultura da xente da praia pola Rede. Levamos traballando dende 2008 e levamos máis de 4.000 novas publicadas grazas ao traballo dos nosos colaboradores.

Colabora connosco!

Podes colaborar connosco como corresponsal ou fotógrafo enviando os teus artigos, fotos, vídeos, crónicas de campionatos e outros eventos. Estamos encantados de publicar os vosos traballos pra que cheguen a máis xente. Axúdanos!

As nosas Redes

Podes seguirnos nas Redes sociais onde estamos publicando e compartindo novas de seguido. Únete á conversa en: