Surf Surfeiros
Surfeiros
Sesión de Febreiro - Rafa Dopico [VIDEO]
Venres, 09 Abril 2010 01:00

Un novo video dunha das promesas do surf galego Rafa Dopico adestrando no mes de febreiro por Ferrolterra. Neste video surfea de cara nas ondas e aparecen adestramentos pra se facer un bo rentri de espaldas. O video está feito polo seu adestrador Kako García. Neste artigo podedes ver tamén un bo talegazo de Rafa en Doniños no segundo video desta noticia.

Ler máis...
 
Erika Franco Profile [VIDEO]
Luns, 05 Abril 2010 01:00

Empezamos a semana cun video de Erika Franco, unha das mellores surfeiras da nosa costa, surfando diferentes spots de Ferrolterra e grabado por Kako García, o seu adestrador, no mes de xaneiro deste ano. Erika ten 16 anos e ten un surfing moi potente e radical tal e como comenta o seu adestrador no seu blog.

Ler máis...
 
Adestramentos de Gony en Ericeira [VIDEO]
Luns, 29 Marzo 2010 01:02

Empezamos esta semana con Gony Zubizarreta que ven de publicar un novo video dos seus adestramentos en Ericeira probando novas prancas de Nick Uricchio de Semente. No video tamén aparecen outros surfeiros como Jonathan Gonzalez, Marlon Lipke, Ruben Gonzalez e o galego Oscar Vales a.k.a Cunky Monkey. Segundo comenta Gony non colleron Coxos perfecto pero tiveron bastantes ondas pra adestrar e proba-los equipos novos.

Ler máis...
 
Rafa Dopico Profile [VIDEO]
Luns, 29 Marzo 2010 01:01

Video dos adestramentos de Rafa Dopico, unha das promesas do surfing galego. Rafa é un surfeiro da canteira ferrolá que ten moita forza e clase na auga. O seu adestrador é Kako García do Grosso Club.


Ler máis...
 
Aéreo de Luis Rodríguez
Luns, 22 Marzo 2010 01:01

O Blog de Occy - Fotograficamente a secuencia é unha merda pinchada nun pau, pero ten interese surfeiro, en Galiza poucos surfeiros excepto Gony dominan a técnica dos aéreos, si que hai xente que os fai con certa soltura aquí en Ferrol, Badals, Santi ou Guasi e por Galiza adiante se me ocurre Milo, Pipo, Marcos Heinrich, Oscar Vales, Rolando e Alberto Reimunde.

Luís Rodríguez Air Show

Ler máis...
 
Jamardo e Mendiola - A parella perfecta
Mércores, 10 Marzo 2010 01:00

Velaquí van unhas fotos de Jamardo e Mendiola, estes dous surfeiros locais de Patos, levan máis de 20 anos surfando toda a costa galega. Un prefire as dereitas e outro as esquerdas polo que cando entran no pico de Patos non teñen problemas pra coller todas as ondas que pasen preto deles. Todas as fotos son de de Ángel Fotosplino. Embaixo: Jamardo no Pico de Patos.

Ler máis...
 
Santi Díaz Profile - Fotos de Pabolinho
Luns, 08 Marzo 2010 01:00

Dende Nordeslizamento chegan estas fotografías do actual subcampión galego de surf Santi Díaz, local de Esmelle. Santi é un surfeiro potente e agresivo que ten un dos mellores estilos de Ferrolterra.

Ler máis...
 
Sweet Water Tenerife [VIDEO]
Mércores, 17 Febreiro 2010 01:00

Un video da familia Volcom, con Gony Zubizarreta e Jaji Iglesias, estes días de entroido en Tenerife surfando unha onda artificial no parque de atraccións de Siam Park. Segundo comenta Gony no seu blog unha hora custa 600 euros e podes configura-la onda media hora de dereitas e outra media hora de esquerdas. Parece un pouco caro pero será cuestión de reunirse uns cantos surfeiros pra poder probala.

Ler máis...
 
O Rentri de "Occy" - Nordeslizamento
Luns, 08 Febreiro 2010 01:00

Eiquí tedes unha secuencia feita por Pabolinho e un dos mellores surfeiros galegos, o ferrolán Pablo Romero "Occy". Nesta fotos podedes observar o xeito de Pablo pra se facer un bo rentri nunha onda.

Ler máis...
 
Alex Díez Muelles - Profile [VIDEO]
Venres, 05 Febreiro 2010 01:00

Hoxe publicamos o video doutra xoven promesa galega do surf das Rías Baixas, Alex Díez. Este rapaz está a perfeccionar a súa técnica de xiros e aéreos e vai dar moito que falar no circuito galego nos vindeiros anos.

Ler máis...
 
<< Inicio < Anterior 21 22 23 24 25 26 27 28 Seguinte > Final >>

Páxina 22 de 28

Outras noticias que tamén che poden interesar:

Cartel

Atención! Este sitio emprega cookies e tecnoloxías similares.

Non mudar a configuración do teu navegador implica que aceptas o seu uso.

Acepto

Sobre Nós

Surf GZ é un xornal surfeiro que ten coma obxetivo promover e espallar a cultura da xente da praia pola Rede. Levamos traballando dende 2008 e levamos máis de 4.000 novas publicadas grazas ao traballo dos nosos colaboradores.

Colabora connosco!

Podes colaborar connosco como corresponsal ou fotógrafo enviando os teus artigos, fotos, vídeos, crónicas de campionatos e outros eventos. Estamos encantados de publicar os vosos traballos pra que cheguen a máis xente. Axúdanos!

As nosas Redes

Podes seguirnos nas Redes sociais onde estamos publicando e compartindo novas de seguido. Únete á conversa en: