Venres, 28 Maio 2010 00:00 |
Velaquí van un par de fotos da estrela do surf galego, Gony Zubizarreta, cando comezaba a dar as súas primeiras remadas na auga da man do seu pai e mailo seu irmán. Estas fotos foron publicadas esta semana por Gony no seu blog. 
Gony no ano 1992 na praia de Nemiña |
Ler máis...
|
Luns, 24 Maio 2010 00:00 |
Se o surf galego ten futuro e grazas a estes raparigos que andan na auga e que dentro de dez anos van voar polas praias da nosa costa. Alberto Mosquera, é un destes rapaces que despois de catro meses de adestramentos con Kako García descubre o seu rentri de espaldas nunha dereita longa e ben bonita.
|
Ler máis...
|
Xoves, 06 Maio 2010 08:09 |
Novo video profile de Marcos Heinrich desfasando na auga e sacando bos tubos, rompendo as ondas e buscando aéreos continuamente. Tamén aparecen imaxes da festa surfeira celebrada o pasado mes na Sala Capitol de Compostela, non todo vai ser surf :)
|
Ler máis...
|
Mércores, 05 Maio 2010 01:00 |
Novo video de Gony Zubizarreta e amigos, Hodei, Marlon, Jony e Davo surfando este 3 de maio na praia californiana de Trestles. Bo surfing e boa música!
|
Ler máis...
|
Sábado, 24 Abril 2010 07:00 |
Un video de finais de febreiro con Gony, Jaji e outros surfeiros do equipo Volcom desfasando nas augas do Mediterrano, ese gran spot desconocido pra moitos de nós.
|
Ler máis...
|
Xoves, 22 Abril 2010 01:00 |
Video de surf de Marcos Heinrich surfando diferentes ondas galegas. Rentri backside potente e aéreos pra rematar a onda amosan o bo surf deste xoven free surfer.
|
Ler máis...
|
|
Venres, 09 Abril 2010 01:00 |
Un novo video dunha das promesas do surf galego Rafa Dopico adestrando no mes de febreiro por Ferrolterra. Neste video surfea de cara nas ondas e aparecen adestramentos pra se facer un bo rentri de espaldas. O video está feito polo seu adestrador Kako García. Neste artigo podedes ver tamén un bo talegazo de Rafa en Doniños no segundo video desta noticia.
|
Ler máis...
|
Luns, 05 Abril 2010 01:00 |
Empezamos a semana cun video de Erika Franco, unha das mellores surfeiras da nosa costa, surfando diferentes spots de Ferrolterra e grabado por Kako García, o seu adestrador, no mes de xaneiro deste ano. Erika ten 16 anos e ten un surfing moi potente e radical tal e como comenta o seu adestrador no seu blog.
|
Ler máis...
|
Luns, 29 Marzo 2010 01:02 |
Empezamos esta semana con Gony Zubizarreta que ven de publicar un novo video dos seus adestramentos en Ericeira probando novas prancas de Nick Uricchio de Semente. No video tamén aparecen outros surfeiros como Jonathan Gonzalez, Marlon Lipke, Ruben Gonzalez e o galego Oscar Vales a.k.a Cunky Monkey. Segundo comenta Gony non colleron Coxos perfecto pero tiveron bastantes ondas pra adestrar e proba-los equipos novos.
|
Ler máis...
|
Luns, 29 Marzo 2010 01:01 |
Video dos adestramentos de Rafa Dopico, unha das promesas do surfing galego. Rafa é un surfeiro da canteira ferrolá que ten moita forza e clase na auga. O seu adestrador é Kako García do Grosso Club.
|
Ler máis...
|
|
|
|
<< Inicio < Anterior 21 22 23 24 25 26 27 28 29 30 Seguinte > Final >>
|
Páxina 23 de 30 |