Surf Surfeiros
Surfeiros
Un galego no Quemao - Julián "Keima"
Luns, 18 Xaneiro 2010 01:10

Impresionantes fotos de Julián Yanes Silveira "Keima" feitas este sábado no Quemao, na illa de Lanzarote. Este surfeiro vigués, viaxeiro por natureza, percebeiro, pescador e capitán de barcos leva uns días na illa e xa colleu un par de boas sesións en diferentes ondas de Lanzarote. As fotos son de Júan Cruces, fotógrafo vigués que leva un ano afincado na illa e xestiona unha axencia de información deportiva mariña.

Julian Keima - Quemao 2010

Ler máis...
 
Ponzos Vs Gony Zubizarreta
Martes, 29 Decembro 2009 19:28

Dende o blog de Occy chegan unhas boas fotos de Gony nunha sesión en Ponzos destes días. Como sempre, as fotos non deixan lugar a dúbidas da potencia deste surfeiro vigués nunha das praias máis constantes da nosa costa. No artigo orixinal tedes algunha foto máis, e por certo, se pasades polo blog de Occy aproveitade pra mirar as últimas fotos publicadas, son impresionantes.

Foto: Occy. Surfeiro: Gony

Ler máis...
 
Papa Noeis surfeiros en Patos o 23 de Nadal
Luns, 21 Decembro 2009 15:00

O día 23 de decembro ás 11:00 estades todos convidados a participar no acontecemento surfeiro máis importante destas datas, os papa noeles surfeiros de Patos. Xa van cinco anos consecutivos desde que o Clube Patos en colaboración coa Escola Galega de Surf de Nigrán, a FGS, Alder, Slash, Globe, Waira e Novalbos recibe o nadal entrando á auga a surfear vestidos de papa noel.

Ler máis...
 
Juan Jamardo Profile [VIDEO]
Sábado, 19 Decembro 2009 23:00

Outro video feito por Chopoloo na praia de Patos con Juan Jamardo como protagonista principal. Este mítico surfeiro vigués coñecido en todas as praias das Rías Baixas polo seu surf radical e potentes xiros amosa neste video a forza do seu surf.

Ler máis...
 
Gony Zubizarreta Hawaii 2009 [VIDEO]
Domingo, 13 Decembro 2009 18:35

Potente video de surf de Gonzalo Zubizarreta no seu inverno hawaiiano do 2009. Moitas manobras radicais en diferentes ondas do paraíso do surf por excelencia. No post do blog Gony afirma que está contento cos resultados deste ano e que vai aproveitar o nadal pra desconectar da competición.

Ler máis...
 
Gony Zubizarreta: "Estou tranquilo e motivado, con confianza"
Domingo, 15 Novembro 2009 01:00


Entrevista feita a Gony Zubizarreta a semana pasada durante a celebración da ultima proba europea WQS do ano en Lanzarote polo fotógrafo vigués Juan Cruces e a donostiarra Jasminka Romanos.

F.S.L: Vas segundo no circuíto europeo, número 20 no mundial, déronche xa as chaves de CT?

G.Z: Non, aínda non, falta moito. Aínda quedan tres eventos moi importantes, dous dos que cales son Primes Events. Así que hai que facelo moi ben neste tres campionatos xa que se van a clasificar os que o fagan ben agora, porque hai moita xente que ten moi igualados os puntos.

Ler máis...
 
Gony viaxa a Canada pra competir no Cold Water
Xoves, 22 Outubro 2009 13:42

Gonyzubizarreta.blogspot.com - Segundo comenta Gony no seu blog este venres viaxará a Canada pra competir no ColdWater Classic na illa de Vancouver. Neste intres Gony ocupa a segunda posición no ranking europeo WQS, a posición 21 no ranking mundial WQS a posición 24 no ranking das CWC Series. Antes de marchar Gony publicou unhas fermosas fotos no seu blog dunha sesión nunha esquerda moi potente da nosa costa.

Gony desafiando á forza da gravidade

Ler máis...
 
A pulseira da sorte?? Balance Power
Venres, 02 Outubro 2009 09:56

Antón Bruquetas - Pasa practicamente desapercibida na foto que Marcos Creo fíxolle a Gony no podio do Pantín Classic. Pero se vos fixades na man dereita do vigués, poderedes apreciar a pulseira que, desde hai uns meses, está a revolucionar o surf: o Power Balance. Trátase, segundo explican os seus inventores, dun holograma que a través da frecuencia do corpo humano proporciona a esta información que lle permite incremetar o equilibiro e a elasticidade.

Ler máis...
 
Gony Zubizarreta xa ten blog na rede!
Venres, 21 Agosto 2009 16:59

Gony Zubizarreta xa está conectado a blogoesfera surfeira mundial segundo informa Kike Aradas no seu blog. Se queredes estar informados das andanzas e aventuras do surfeiro galego máis internacional soamente tedes que visitar o seu blog: http://gonyzubizarreta.blogspot.com

Ler máis...
 
Historia do Surf - Juan Abeledo
Venres, 21 Agosto 2009 16:37

Desde a Croa - Juan Abeledo namorouse do surf fai máis de trinta anos, cando roldaba os sesenta, nunha época na que ver a alguén deslizándose sobre as ondas de Doniños era todo un acontecemento, e moito máis se ese alguén, como lle ocorría a el, peiteaba canas e achegábase á idade da xubilación.

Ler máis...
 
<< Inicio < Anterior 21 22 23 24 25 26 27 28 29 Seguinte > Final >>

Páxina 24 de 29


Atención! Este sitio emprega cookies e tecnoloxías similares.

Non mudar a configuración do teu navegador implica que aceptas o seu uso.

Acepto

Sobre Nós

Surf GZ é un xornal surfeiro que ten coma obxetivo promover e espallar a cultura da xente da praia pola Rede. Levamos traballando dende 2008 e levamos máis de 4.000 novas publicadas grazas ao traballo dos nosos colaboradores.

Colabora connosco!

Podes colaborar connosco como corresponsal ou fotógrafo enviando os teus artigos, fotos, vídeos, crónicas de campionatos e outros eventos. Estamos encantados de publicar os vosos traballos pra que cheguen a máis xente. Axúdanos!

As nosas Redes

Podes seguirnos nas Redes sociais onde estamos publicando e compartindo novas de seguido. Únete á conversa en: