Luns, 21 Decembro 2009 15:00 |
O día 23 de decembro ás 11:00 estades todos convidados a participar no acontecemento surfeiro máis importante destas datas, os papa noeles surfeiros de Patos. Xa van cinco anos consecutivos desde que o Clube Patos en colaboración coa Escola Galega de Surf de Nigrán, a FGS, Alder, Slash, Globe, Waira e Novalbos recibe o nadal entrando á auga a surfear vestidos de papa noel. 
|
Ler máis...
|
Sábado, 19 Decembro 2009 23:00 |
Outro video feito por Chopoloo na praia de Patos con Juan Jamardo como protagonista principal. Este mítico surfeiro vigués coñecido en todas as praias das Rías Baixas polo seu surf radical e potentes xiros amosa neste video a forza do seu surf.
|
Ler máis...
|
Domingo, 13 Decembro 2009 18:35 |
Potente video de surf de Gonzalo Zubizarreta no seu inverno hawaiiano do 2009. Moitas manobras radicais en diferentes ondas do paraíso do surf por excelencia. No post do blog Gony afirma que está contento cos resultados deste ano e que vai aproveitar o nadal pra desconectar da competición.
|
Ler máis...
|
Domingo, 15 Novembro 2009 01:00 |

Entrevista feita a Gony Zubizarreta a semana pasada durante a celebración da ultima proba europea WQS do ano en Lanzarote polo fotógrafo vigués Juan Cruces e a donostiarra Jasminka Romanos. F.S.L: Vas segundo no circuíto europeo, número 20 no mundial, déronche xa as chaves de CT?
G.Z: Non, aínda non, falta moito. Aínda quedan tres eventos moi importantes, dous dos que cales son Primes Events. Así que hai que facelo moi ben neste tres campionatos xa que se van a clasificar os que o fagan ben agora, porque hai moita xente que ten moi igualados os puntos.
|
Ler máis...
|
Venres, 02 Outubro 2009 09:56 |
Antón Bruquetas - Pasa practicamente desapercibida na foto que Marcos Creo fíxolle a Gony no podio do Pantín Classic. Pero se vos fixades na man dereita do vigués, poderedes apreciar a pulseira que, desde hai uns meses, está a revolucionar o surf: o Power Balance. Trátase, segundo explican os seus inventores, dun holograma que a través da frecuencia do corpo humano proporciona a esta información que lle permite incremetar o equilibiro e a elasticidade.

|
Ler máis...
|
|
Venres, 21 Agosto 2009 16:59 |
Gony Zubizarreta xa está conectado a blogoesfera surfeira mundial segundo informa Kike Aradas no seu blog. Se queredes estar informados das andanzas e aventuras do surfeiro galego máis internacional soamente tedes que visitar o seu blog: http://gonyzubizarreta.blogspot.com

|
Ler máis...
|
Venres, 21 Agosto 2009 16:37 |
Desde a Croa - Juan Abeledo namorouse do surf fai máis de trinta anos, cando roldaba os sesenta, nunha época na que ver a alguén deslizándose sobre as ondas de Doniños era todo un acontecemento, e moito máis se ese alguén, como lle ocorría a el, peiteaba canas e achegábase á idade da xubilación. 
|
Ler máis...
|
Martes, 21 Xullo 2009 18:20 |
Eiquí tedes o video do Memorial a Juanma realizado o 19 de xullo. Este video feito por Jansolo é un fermoso xeito de lle dicir adeus a un bo amigo.
|
Ler máis...
|
Luns, 20 Xullo 2009 16:27 |
Xa están na rede no blog de Dopi as primeiras fotos da xuntanza de despedida de Juanma, surfeiro de Ferrolterra. Moita xente pasou este domingo polo serán a despedir ao seu amigo e o mar brindou augas calmas e pouco vento para dicir adeus a Juanma.

|
Ler máis...
|
|
|
|
<< Inicio < Anterior 21 22 23 24 25 26 27 28 29 30 Seguinte > Final >>
|
Páxina 25 de 30 |