Domingo, 19 Abril 2009 19:28 |
Hoxe presentamos unha escolma de fotografías dun dos surfeiros máis míticos de toda a costa galega, Julián Yanes Silveira "Keima". Este surfeiro vigués é un trotamundos que surfeou todos os mares do planeta. Local da praia de Patos, vive actualmente entre Viveiro, Vigo, Lanzarote e Indonesia. Keima en No Kanduis. Indo 2008 |
Ler máis...
|
Venres, 17 Abril 2009 19:24 |
Dani Almeida ven de publicar no seu blog Surfing life by Dani unhas fotos dunha sesión tow-in na nosa costa. No seu artigo podedes mirar máis dunha ducia de boas fotos de dous surfeiros Keko e Dani. Jonás levaba a moto de auga pra remontar ata o pico afastado a un kilómetro da costa. |
Ler máis...
|
Venres, 17 Abril 2009 14:05 |
Occy ven de publicar unha escolma das súas mellores fotos que estaban gardadas no seu ordenador. Eiquí tedes algunhas, podedes mirar todas as fotos no seu blog. Luís en Ponzos
|
Ler máis...
|
Venres, 17 Abril 2009 11:14 |
Eiquí tedes un paquete de novas fotos de Dani e Hugo, surfeiros de Pontevedra, realizadas por Fotosplino. Fermosas fotos nunha onda clásica da nosa costa. Galiza Calidade! Take off de Dani
|
Ler máis...
|
Martes, 07 Abril 2009 18:01 |
Jaji Iglesias é un dos surfeiros vigueses máis viaxeiros e que compite a nivel europeo en diferentes campionatos. Este video foi dirixido e producido por Gony Zubizarreta. As ondas que aparecen son o pico de Patos e Prado, tamén podedes ver preciosas paisaxes da Ría de Vigo coas Illas Cíes ó fondo.
|
Ler máis...
|
Xoves, 02 Abril 2009 21:20 |
Eiquí tedes unha secuencia do galego David Valladares, un dos máis grandes "soul surfers" galegos. David é local da praia de Patos pero vive entre Indonesia e Fuerteventura e leva máis de 12 anos en Indonesia onde xestiona un par de barcos, os King Millenium |
Ler máis...
|
|
Martes, 31 Marzo 2009 12:40 |
Dende o blog de Occy chegan unhas fotazas dos surfeiros máis potentes de Ferrol. Xente nova que vai moi ben en ondas rápidas e con tubos. Disfrutade das fotos! Badals rompendo a onda!
|
Ler máis...
|
Venres, 27 Marzo 2009 11:08 |
Tras 10 anos á fronte da Delegación de Surfrider Foundation en Galicia, Jesús Busto dimitiu do seu cargo con obxecto de dar paso a novas enerxías e ideas na delegación galega da organización ecoloxista. Deste xeito péchase a etapa de implantación da organización na nosa comunidade. Na próxima Asemblea Xeral da organización, que se celebrará o día 24 de abril en Biarritz (Francia), será posiblemente elixido o novo representante galego da Surfrider Foundation.
|
Ler máis...
|
Luns, 23 Marzo 2009 11:51 |
... é que haxa que mirar de reollo, con cara de can para que digan: ui! aquí hai locales.. aquí non podo facer o que me dea a gana. Resulta que si recibes á peña con un saludo e un sorriso... pérdenche o respeto...cando tería que ser XUSTO o contrario. Vaia merda... de tódolos deportes que practico, é no que máis desencantado quedo coa xente e compañerismo en xeral.
Este domingo 30 e pico persoas no pico en Nemiña. Bueno, pois NIN UN!respetaba turno... esperar un pouco a que outros pillaran olas. TODOS en canto pillaban unha volvían parao pico e non se cortaban un pelo en buscala preferencia. |
Ler máis...
|
Luns, 16 Marzo 2009 11:36 |
Dende o blog de Jandriño chega este video de boas ondas, sol e praia en Ferrolterra...
|
Ler máis...
|
|
|
|
<< Inicio < Anterior 21 22 23 24 25 26 27 28 29 Seguinte > Final >>
|
Páxina 26 de 29 |