Martes, 14 Outubro 2008 13:53 |
Unha verdadeira mágoa saber que Gony Zubizarreta está lesionado. Segundo a web de naturalsurfing.com sabemos que esta lesión produciuse durante a disputa do Nixon Challenge na cidade de San Sebastian de hai apenas un mes. |
Ler máis...
|
Luns, 29 Setembro 2008 17:19 |
Espectacular foto de Gony na portada da revista Natural Surfing. Voando e sen agarrar cantos. Adiante Gony! |
Martes, 16 Setembro 2008 19:34 |
 O campión de surf Pablo Solar, estivo o 6 e 7 de Setembro nas infraestruturas do Artsurfcamp na Praia de Razo. Pablo é un dos mellores profesionais que ten o surf e compite habitualmente nas competicións internacionais. A súa visita consistía en dar unhas clases de surf aos alumnos de Art surfcamp e compartir con eles a súa dilatada experiencia que adquiriu desde os seus comezos. Como o ben dicía xa leva máis de25 anos dedicados enteiramente ao surf e tan só ten 34. Quen mellor que el para ensinar todo o necesario para perfeccionarse nun deporte tan complexo e arriscado como o surfing.
|
Ler máis...
|
Martes, 26 Agosto 2008 15:02 |
A praia de Esteiro, en Xove, é unha das preferidas polos surfeiros da comarca e doutros puntos de España, que veñen ata alí para practicar este deporte.
O viveirense Juan José Fernández Miranda, de 33 anos, acode con frecuencia a buscar a onda deste areal, pero o venres pasado, mentres cabalgaba sobre o mar, o que se atopou foi con catro bañistas en apretos. Eran de Sarria. Cóntanos que estaba surfeando na auga cando os oíu gritar pedindo socorro. Foi achegándose a eles (calcula que estaban a uns cen metros da beira) e ao chegarse atopouse con que un non sabían case nadar e que o mar seguía arrastrándoos. «Ou primeiro que fixen ó chegar alí foi agarrar ó que estaba máis gordiño e subilo á táboa. Logo mandei á terra en body a unha dás rapazas e á outra deixeina agarrada na táboa. Nese momento dixéronme que había outro non fondo; entón xa me tirei por el _estaba mal, con ollos brancos e babeando, debía ter aga espesa non corpo_ engancheino polos brazos, subino e ateino á táboa para teo máis seguro. Ó outro mandeille agarrarse tamén e pouco a pouco funos achegando á beira», explicou. |
Ler máis...
|
Domingo, 22 Xuño 2008 09:31 |
GZ (Gony Zubizarreta) continúa facendo historia e levando o surf galego ao máis alto nivel internacional. Segundo informábanos hoxe luns o noso patrocinador e colaborador oficial Island Style, Gony acaba de conseguir dous 9º postos consecutivos no WQS 6 estrelas de Xapón e no 5 estrelas de Inglaterra afianzando así a súa mellor tempada ata a data e o que é, por suposto, a mellor tempada xamais realizada por un surfista galego. A día de hoxe Gony ocupa o posto nº 30 do ranquing WQS mundial, con 7650 puntos e a moi poucos puntos dos seus rivais máis próximos, o que nos permite soñar con verlle a final de ano clasificado para o WCT, onde só compiten os 44 mellores surfistas do planeta. |
Ler máis...
|
|
<< Inicio < Anterior 21 22 23 24 25 26 27 28 29 Seguinte > Final >>
|
Páxina 29 de 29 |