Martes, 10 Novembro 2015 10:03 |

Aquí tedes algunhas fotos de Derick Rey, surfeiro venezolano nacido en Caracas e afincado nas Rías Baixas dende o ano 1998, feitas por Nacho Morán estes últimos meses en diferentes spots da nosa cosa. |
Ler máis...
|
Domingo, 08 Novembro 2015 10:40 |
Aquí tedes o primeiro vídeo profile publicado por Joss, un gran surfeiro das Rías Baixas, que non para de progresar e mellorar neste últimos tempos sobre todo grazas as súas viaxes unha nova compañeira chamada Hypto Krypto que se desliza moi ben como podedes ver neste vídeo! |
Ler máis...
|
Luns, 19 Outubro 2015 09:52 |
Vídeo profile de Guillermo Palacios con imaxes de diferentes sesións pola costa galega na compaña dos seus amigos e disfutando de boas dereitas e esquerdas. |
Ler máis...
|
Venres, 02 Outubro 2015 09:59 |
Novo vídeo profile de Eric Rebiere coas súas millores ondas deste dous últimos invernos na costa europea. Tubazos en Galicia, Portugal, Francia e Canarias. Actualmente Eric está dando clases de surf a todos os niveis na praia de Sabón e viaxando moito pola costa buscando novas ondas. |
Ler máis...
|
Martes, 29 Setembro 2015 08:54 |
Justine Dupont publicou este vídeo pra agradecer a súa estancia na nosa costa disfrutando das nosas praias e xentes. Tamén aproveitou pra competir en Pantín e explorar algúns novos spots como podedes ver no vídeo. |
Ler máis...
|
Luns, 07 Setembro 2015 00:00 |
Novo vídeo profile de Álvaro Jiménez coas mellores ondas deste verán pola costa galega. Dereitas, esquerdas sen parar e aproveitando todo tipo de condicións.
|
Ler máis...
|
|
Martes, 19 Maio 2015 23:36 |
Antonio Varela - Esta fin de semana Nemiña agasallounos de novo ondas perfectas, puiden disfrutar duns dos mellores baños da miña vida. Nemiña rompía limpo, azul cristalino, o tamaño perfeto para deixarse esvarar cun tablón e danzar cómodamente. Porque as mellores ondas son as mais dexesadas por un mesmo. Dou grazas cada día por vivires tan preto deste paraíso, da terra e océano da miña queridísima Costa da Morte, a miña Galiza. 
Por iso pídolles a aquela xente que se cre dona da auga, que vense con mais dereitos cós demais, a esas persoas pídolles respeto. Pídolles que non levanten a voz en conflitos absurdos. Pídolles que miren ó seu redor e que vexan que están nun dos lugares máis fermosos que a natureza nos dou, e que ademáis somos afortunados e podemos disfrutar delo, que nos tocou vivir neste mesmo paraíso. A estas persoas pídolles que non berren anoxadas, que se desexan descargar os seus enfados que o fagan onde os demais non os escoitemos. Que a súa liberdade remata onde comeza a dos seus irmáns, porque todos somos fillos dunha mesma natureza que a min gústame chamarlle Deus. |
Ler máis...
|
Sábado, 16 Maio 2015 18:22 |

Mañá, domingo 17 ás 16:30, os compañeiros de mar de David Rueda farémoslle unha pequena homenaxe na praia de Nemiña. Tal e como se ven facendo dende vello na cultura surfeira, gardaremos un minuto de silencio collidos da man nun círculo no mar. Unha aperta forte á familia e amigos. Rueda, non te esquecemos. Pillaremos olas por ti!
|
Ler máis...
|
Xoves, 14 Maio 2015 08:25 |
Novo vídeo profile de Vicente Romero, rider afincado en Ferrolterra, con imaxes moi boas de sesións na costa galega e tamén nas Illas Canarias. Surf potente e moi radical dun dos millores surfeiros da nosa costa.
|
Ler máis...
|
Luns, 27 Abril 2015 09:02 |
Novo vídeo profile de Vicente Romero con imaxes das súas sesións de surf polas Rías Altas probando os seus novos pro-shape Flanagan Fling, antes de partir cara Martinica pra empezar a súa nova tempada de competión deste ano. Vicente xa leva varios anos afincado na nosa terra e non para de mellorar como surfeiro grazas a o seu traballo duro e constante e tamén do seu adestrador Kako García. Editado e gravado por Samuel Simo. |
Ler máis...
|
|
|
|
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seguinte > Final >>
|
Páxina 7 de 30 |