Gony fai historia! |
Domingo, 22 Xuño 2008 09:31 | |||
GZ (Gony Zubizarreta) continúa facendo historia e levando o surf galego ao máis alto nivel internacional. Segundo informábanos hoxe luns o noso patrocinador e colaborador oficial Island Style, Gony acaba de conseguir dous 9º postos consecutivos no WQS 6 estrelas de Xapón e no 5 estrelas de Inglaterra afianzando así a súa mellor tempada ata a data e o que é, por suposto, a mellor tempada xamais realizada por un surfista galego. A día de hoxe Gony ocupa o posto nº 30 do ranquing WQS mundial, con 7650 puntos e a moi poucos puntos dos seus rivais máis próximos, o que nos permite soñar con verlle a final de ano clasificado para o WCT, onde só compiten os 44 mellores surfistas do planeta. Mañá día 12 de Agosto comeza en Lacanau (Francia) o primeiro de tres eventos WQS 6 estrelas que serán importantísimos para a clasificación final do noso surfista máis internacional que tralo evento de Ericeira (Portugal) virá competir ao tamén crucial Pantín Classic, onde esperamos velo no máis alto do podio. Moi pronto actualizaremos a nosa sección Gony Zubizarreta no WQS para informarvos de cada detalle. TODOS OS GALEGOS CON GONY NO WQS. Nova orixinal en: http://www.fgsurf.com/
|
Novidades:
- Dreamy Longboard Surfing Galicia
- Convocada a 1ª Proba da Liga Galega de Bodyboard en Barrañán/Valcobo
- Campionato 30 Aniversario Arealonga Surf - 25 de Xuño
- Eric Rebiere: Sunset surf Ferrol
- Surfeando nas Catedrais con Carrecedo
- Surf e Tapas no Orzán
- Convocado o I Log Jam Festival en Bastiagueiro
- Surfing con Marcos Heinrich
- Os mellores momentos do Cabreiroa Junior Pro Ferrol