Surf Surfeiros Jaji Iglesias & Carlos Álvarez presentan este venres "Vómito de vida" na Coruña
Jaji Iglesias & Carlos Álvarez presentan este venres "Vómito de vida" na Coruña
Xoves, 29 Xullo 2010 23:58

Das diferentes experiencias e puntos de vista dun galego e un madrileño nace un libro castizo de carallo. O mítico surfeiro vigués Jaji Iglesias apresenta hoxe xunto ao fotógrafo madrileño Carlos Álvarez o seu primeiro libro conxunto na tenda Vazva da Coruña as 20:30. O libro fala da vida dun perdedor que ten moitos vicios e que odia á sociedade na que vive, un relato dun home solitario e perdedor...

Relatos breves pero contundentes mestúranse con imaxes limpas pero directas. Sen unha orde establecida nin un argumento que haxa que seguir ao pé da letra. Cada un pode interpretar o que queira. Á fin e ao cabo, trátase dunha idea diferente de contar as cousas. De dous puntos de vista que, como todos son únicos, pero que se se analizan e únense, forman unha boa metade.

Trátase do primeiro de dous libros que estes dous mozos creadores pariron, libros que xorden a partir da recien creada editorial "SINAMOR".

A outra terá que esperar.

Máis info no feisbuk de Jaji: http://www.facebook.com

JAJI IGLESIAS

Jaji Iglesias desfasando

 
2 Votes
Cartel

Atención! Este sitio emprega cookies e tecnoloxías similares.

Non mudar a configuración do teu navegador implica que aceptas o seu uso.

Acepto

Sobre Nós

Surf GZ é un xornal surfeiro que ten coma obxetivo promover e espallar a cultura da xente da praia pola Rede. Levamos traballando dende 2008 e levamos máis de 4.000 novas publicadas grazas ao traballo dos nosos colaboradores.

Colabora connosco!

Podes colaborar connosco como corresponsal ou fotógrafo enviando os teus artigos, fotos, vídeos, crónicas de campionatos e outros eventos. Estamos encantados de publicar os vosos traballos pra que cheguen a máis xente. Axúdanos!

As nosas Redes

Podes seguirnos nas Redes sociais onde estamos publicando e compartindo novas de seguido. Únete á conversa en: