Surf Surfeiros Entrevista con Gony Zubizarreta
Entrevista con Gony Zubizarreta
Martes, 30 Decembro 2008 10:49

O surfeiro galego Gony Zubizarreta responde á ASP nesta entrevista desde Hawai, na que fala da súa recuperación da lesión nun nocello, despois dunha boa tempada no WQS con sólidas actuacións en distintos eventos. O 2009 xa está aquí, e Gony xa está listo para volver dalo todo.


Gony Zubizarreta será un dos líderes da Armada Europea na ASP World Qualifying Series (WQS) en 2009. Despois de recuperarse da lesión de rotura dun nocello no Nixon Surf Challenge o pasado setembro, Gony prepárase para estar a lume de biqueira en Florida no mes de xaneiro.
Idade: 23
Residencia: Panxon, Vigo - Galiza
Anos surfeando: 14
Punto álxido da súa carreira: Campión do Mundo junior ISA en Narrabeen en 2002
Sponsors: Volcom, DVS, Electric, Nixon, Semente, Movistar, Clinica dental Zubizarreta & Moya, Futures fins, Island Style.

Tiveches un bo ano con bastantes resultados excelentes. ¿Como valoras o 2008?

Estou moi contento coa miña actuación no 2008. Fun noveno en Florida, Xapón e Inglaterra en grandes campionatos WQS. Tamén o fixen ben en Escocia e Maldivas, e “ok” en Zarautz. Entón rompinme o nocello esquerdo en San Sebastián durante o Nixon Challenge, e tiven que parar até o final do ano, pero aprendín moitas cousas e coñecido a xente moi interesante no centro de rehabilitación de Capbreton. Estou moi agradecido a todo o mundo que me axudou. Definitivamente síntome mellor agora, máis forte e motivado.

A lesión chegouche nun momento no que sentías ben. ¿Como che recuperaches mentalmente?

Pasei preto dun mes descansando en casa. Despois commence a rehabilitación no CERS durante tres semanas, adestrando sete horas ao día. Foi unha boa experiencia que deu moi bos resultados, xa que despois logrei volver a surfear nun tempo rápido.  Gustaríame agradecer a todos os que me axudaron no proceso de recuperación, á miña familia e amigos. Os demais saberán recoñecerse.

Gony en Sudáfrica no 2003

Estiveches no Tour duante xa uns cantos anos. Máis e máis europeos están a chegar ao máis alto nivel. ¿Como o ves?

Estiven viaxando e competindo ao redor do mundo durante xa uns cantos anos, e aprendín moito do Tour WQS e do resto de competidores. Os europeos están a competir cada ano mellor. Miky Picon, Jeremy Flores e Tiago Pires xa están ao facer no “Dream Tour”, e Aritz fixo çmuy boas mangas nos poucos eventos nos que puido participar. Marlon Lipke ,Tim Boal e Michel Bourez botaron lume toda a tempada, mentres que  Jonathan González e Joan Duru lograron bos postos tamén.

Estou encantado de ver aos meus amigos chegar alto tan rápido, e é unha gran motivación que me fai máis famento e con ganas de máis. Despois de que Aritz se clasificase démonos conta de que podiamos facelo tamén, así que se que teño que traballar duro e tomarme as cousas máis en serio que antes. O nivel europeo está a crecer máis e máis cada ano e esperemos que máis de nós acabemos participando na ASP World Tour pronto.

Marlon Lipke e Gony Zubizarreta no Algarve

 

Botando unha ollada á túa carreira, desde o máis alto dos juniors até o WQS, ¿cal foi a túa aproximación e adestramento para seguir mellorando?

Cando era un junior (menor de 21 anos) simplemente surfeaba e nunca realmente adestrei fisicamente. Era simplemente pasalo ben, divertirse e aprender evento tras evento. Cando empecei cos eventos WQS leveime unha gran sorpresa. O nivel era máis alto do que pensaba, e tiven máis problemas dos que pensaba para alcanzar boas posicións nos campionatos. Despois dun par de anos participando nos mesmos eventos, coñezo mellor os lugares e as ondas, ademais de coñecerme mellor á miña mesmo tamén. Sinto como que agora se que hai que facer antes dos eventos para conseguir un bo resultado. Cada un ten diferentes aproximacións e diferentes hábitos e maneiras para preparase antes dunha competición.

Gony en Peniche en 2007

  

¿Cales son os teus plans para o inverno e o 2009?

Acabo de deixar Hawai despois dunhas semanas no North Shore. Surfeei boas ondas e aos poucos estoume volvendo sentir ao 100% da miña forma. Estarei en casa adestrando fisicamente, pillarei as novas táboas de 2009 e surfearé cos meus amigos en Galicia, listo para o primeiro evento do ano en Florida en xaneiro.

FONTE: ASP

 

 
4 Votes
Cartel

Atención! Este sitio emprega cookies e tecnoloxías similares.

Non mudar a configuración do teu navegador implica que aceptas o seu uso.

Acepto

Sobre Nós

Surf GZ é un xornal surfeiro que ten coma obxetivo promover e espallar a cultura da xente da praia pola Rede. Levamos traballando dende 2008 e levamos máis de 4.000 novas publicadas grazas ao traballo dos nosos colaboradores.

Colabora connosco!

Podes colaborar connosco como corresponsal ou fotógrafo enviando os teus artigos, fotos, vídeos, crónicas de campionatos e outros eventos. Estamos encantados de publicar os vosos traballos pra que cheguen a máis xente. Axúdanos!

As nosas Redes

Podes seguirnos nas Redes sociais onde estamos publicando e compartindo novas de seguido. Únete á conversa en: