Master Surfing con José Diéguez - Nacho Morán |
Luns, 28 Decembro 2015 10:54 | |||
Comezamos a semana con esta foto-reportaxe de José Diéguez, o responsábel de Prado Surf Clube e gran viaxeiro, que con 35 anos xa percorreu gran parte do planeta surfeando. José empezou a surfear en Patos en 1994 e agora xestiona o clube fundado o século pasado por surfeiros locais como Alfaya, Imbernón, Coke e Piti. Prado Surf Clube é o máis importante da nosa costa e ensinou a surfear a milleiros de nenos na Ría de Vigo coa súa escola dende 1996. José entrou a formar parte do clube no ano 1998 e logo dous anos máis tarde entraron Adrian Seoane e Lorena Vilán que forman na actualidade o equipo xestor deste clube. Prado Surf Clube é o actual campión galego de clubes de surf e leva 10 anos seguidors con ese título. Surfeando no Pico de Patos José viaxou varias veces a Hawaii e tamén coñece Australia, Marrocos, California, Indonesia, Perú, Centroamérica, Francia, Portugal e Canarias. Como todo bo surfeiro pra el é unha prioridad medrar na auga pero tamén coñecer novos lugares e vivir novas experiencias. Tedes a Galería de fotos enteira en: https://www.facebook.com/IgnacioMoranCuadrado/media_set Todas as fotos feitas por Nacho Moran Cuadrado {fcomments}
|
Novidades:
- Comunicado FGS: Convocatoria seleccionadores e director/a técnico/a
- Illa Pancha Challenge - Canal do Chumbo
- Novo comunidado FGS: mobilidade praias
- Minisurf en Prado
- O mellor do Illa Pancha Challenge 2021
- Illa Pancha Challenge 2021
- Entrevista a Martina Álvarez | My Surf Coach
- FGS - Comunicado deporte federado
- Surf en Praia América