Cartel
Surf Surfeiros Gony Zubizarreta, salitre e ondas con Estrella Galicia e Cabreiroá
Gony Zubizarreta, salitre e ondas con Estrella Galicia e Cabreiroá
Xoves, 24 Febreiro 2022 15:08

Gony Zubizarreta e Estrella Galicia

O surfeiro representará ás marcas galegas durante o próximos tres anos por todo o mundo

Gony Zubizarreta, o surfeiro galego que desde os 18 anos saltou ao circuíto mundial (World Surf League), seguirá representando a Cabreiroá e Estrela Galicia ata o 2024. O embaixador das marcas galegas conta cun extenso palmarés entre os que se atopan os títulos mundiais ISA Grommets e Aloha Cup, WQS de Zarautz, Caparica ou Algarve ou Campión en dúas ocasións da liga MEO Surf en Portugal entre outros.

Esta vinculación será moi visible nas táboas de surf de Gony, pero tamén no seu apoio como embaixador dentro do ambicioso proxecto que as marcas de Hijos de Rivera están a desenvolver no mundo do surf desde o ano 2018. Na actualidade, as marcas de auga e cervexa son un dos principais patrocinadores do circuíto mundial de surf en España e Portugal, en probas como Pantín Classic, As Américas, Zarautz, Santa Cruz, Caparica ou Ericeira.

“Estou feliz de seguir representando a Cabreiroá e Estrella Galicia neste gran proxecto. Nun deporte como o surf, a implicación dos nosos patrocinadores é esencial e estou super agradecido de que ademais sexan as marcas da miña terra as que levo polo mundo, estou moi motivado para os tres anos xuntos que temos por diante”, sinala Gony Zubizarreta.

Pola súa banda, Jaime  Perozo, da área de Patrocinios Deportivos de Hijos de Rivera, afirma que “Gony representa os mellores valores do surf e da nosa orixe. Á marxe do nivel de competición que segue mellorando cos anos, Gony simboliza o respecto e a humildade que fai que esteamos especialmente orgullosos de acompañarlle nesta aventura”.

A vinculación da compañía galega con Gony Zubizarreta vén de lonxe xa que en 2010 participou nun documental de Cabreiroá, “A terra da auga” nunha primeira fase de exploración neste deporte ata converterse en hoxe en día no principal embaixador da marca no surf. 

Partillar no FacebookPartillar no Twitter
 
3 Votes

Estado do Mar a tempo real


Atención! Este sitio emprega cookies e tecnoloxías similares.

Non mudar a configuración do teu navegador implica que aceptas o seu uso.

Acepto

Sobre Nós

Surf GZ é un xornal surfeiro que ten coma obxetivo promover e espallar a cultura da xente da praia.

Levamos traballando dende 2008 e publicamos máis de 5.000 novas grazas ao traballo dos nosos colaboradores.

Colabora connosco!

Podes colaborar connosco como corresponsal ou fotógrafo enviando os teus artigos, fotos, vídeos, crónicas de campionatos e outros eventos. Estamos encantados de publicar os vosos traballos pra que cheguen a máis xente. Axúdanos!

As nosas Redes

Podes seguirnos nas Redes sociais onde estamos publicando e compartindo novas de seguido. Únete á conversa en: