Surf Viaxes
VKKM Pigorama [VIDEO]
Luns, 16 Xaneiro 2012 00:05

Primeiro vídeo da VKKM neste ano con imaxes de Gony Zubizarreta en Ericeira na compaña de Hodei e Marlon. Moitos tubos e manobras espectaculares da man dun grupo de élite do surf europeo.

Ler máis...
 
VKKM México Chilaquiles [VIDEO]
Luns, 09 Xaneiro 2012 00:05

Primeiro VKKM vídeo do 2012 con Gony, Jaji e Alex Knopfel surfando as pequenas ondas en Barra de la Cruz en Oaxaca en México.

Ler máis...
 
Max Surfaris: Novas Tarifas 2012
Mércores, 21 Decembro 2011 11:40

Xa tedes as novas tarifas para o 2012 na web de Max Surfaris para destinos surfeiros en Maldivas, Indonesia e outras partes do planeta. Este ano Max Surfaris vai premiar aos seus clientes cunha noite gratis en algúns destinos pola reserva de 10 noites.

Ler máis...
 
Leche Leche VKKM [VIDEO]
Luns, 19 Decembro 2011 00:04

Gony Zubizarreta é un dos poucos riders que pode fuxir do frío inverno galego constantemente e despois dunha boa estancia en Hawaii agora anda a surfar nas augas quentes das Illas Canarias na compaña dos seus amigos Jonathan González e Marlon Lipke. Puro surfing dende Tenerife.

Ler máis...
 
Hawaii Ai Ai Ai [VIDEO]
Xoves, 08 Decembro 2011 20:21

Velaquí tedes o último vídeo de Gony en Hawaii con dúas partes, na primeira tedes a Jonathan González e Gony surfando en Haleiwa unhas ondas potentes pero tocadas de vento, e na segunda parte un sesión de tubos imposibeis en Off The Wall. Filmado por Newai.

Ler máis...
 
Gony e amigos en Hawaii II [VIDEO]
Luns, 28 Novembro 2011 00:05

Segunda vídeo entrega dende Hawaii de Gony Zubizarreta surfando as ondas e recuperándose aos poucos na compaña dos seus amigos Jonathan González, Jon Xtegue, Lucía Martiño e outros...

Ler máis...
 
Mendiola & Mentawai Sessions 2009 [VIDEO]
Mércores, 16 Novembro 2011 17:35

Velaquí tedes un novo vídeo coas imaxes gravadas no 2009 por José Mendiola, mítico rider vigués, na súa viaxe a Indonesia a bordo do King Millenium I. Foron 11 días de surf en ondas de calidade mundial como Lances Lefts, Macarronis e Philips Right. O vídeo foi editado por Sebas e dentro de pouco teremos unha nova entrega con imaxes de David Valladares.


Ler máis...
 
Gony Zubizarreta Hawaiian Tour 2011 [VIDEO]
Luns, 14 Novembro 2011 18:36

Gony Zubizarreta, o máximo expoñente do surf galego, xa está en Hawaii surfando algunha das mellores ondas do planeta. Neste vídeo tedes unha sesión de surf en Pupukea na compaña de Aritz, Hodei, Joan e Maxime. Segundo comenta Gony no seu blog as ondas son escasas e as previsións non son boas ata a vindeira semana. Se queres apoiar a Gony podeslle deixar un comentario no seu blog ou Facebook.

Ler máis...
 
Lombok: Surf & Mafia
Luns, 26 Setembro 2011 00:05

Lombok é unha illa de piratas que nada ten que ver co que coñezamos de Indonesia. Nesta illa cercana a Bali o tema surf está moi ben organizado por mafias locais en Kuta Lombok, Gerupuk e Awang que controlan perfectamente os accesos aos spots de Gerupuk e Ekas. En Kuta Lombok teñen a súa propia mafia local organizada en pequenas tendas de información de surf con guías locais que son expertos en non falar ata que lles pagas algo de diñeiro.

Manu en Ekas

Ler máis...
 
<< Inicio < Anterior 11 12 13 14 15 16 17 18 Seguinte > Final >>

Páxina 14 de 18

Outras noticias que tamén che poden interesar:

Cartel

Atención! Este sitio emprega cookies e tecnoloxías similares.

Non mudar a configuración do teu navegador implica que aceptas o seu uso.

Acepto

Sobre Nós

Surf GZ é un xornal surfeiro que ten coma obxetivo promover e espallar a cultura da xente da praia pola Rede. Levamos traballando dende 2008 e levamos máis de 4.000 novas publicadas grazas ao traballo dos nosos colaboradores.

Colabora connosco!

Podes colaborar connosco como corresponsal ou fotógrafo enviando os teus artigos, fotos, vídeos, crónicas de campionatos e outros eventos. Estamos encantados de publicar os vosos traballos pra que cheguen a máis xente. Axúdanos!

As nosas Redes

Podes seguirnos nas Redes sociais onde estamos publicando e compartindo novas de seguido. Únete á conversa en: