Martes, 30 Decembro 2008 18:16 |
O 6 de outubro comezamos a nosa viaxe cara a Oahu (Hawai) catro surfeiros dos Patos Surf Club, entre eles Jose Vázquez (Fefa), Patrick Vilán, Natalia Silva e Diego Armada. Nada mais chegar á casa que alugamos para todo un mes a dona comentounos que en catro días ía entrar un dos primeiros swells de inverno na North Shore, 15 pés. Tivemos que esperar até ese día pero o día chegou. 8 pés en Pipe e para o noso asombro pouca xente na auga.
A partir de aí o mar portouse durante unha semana na que puidemos catar diferentes ondas da North Shore e flipar co nivel dos hawaianos. Sesións incribles de Fred Patachia, Sunny García e os locais de Pipe, John John e Jaime O´Brien. |
Ler máis...
|