Martes, 21 Marzo 2017 10:30 |
Addiction é un proxecto de fotografia e vídeo sobre surf, unha viaxe ao Ártico na procura de ondas perfects, aventura e increíbles paisaxes nun dos lugares máis fríos de Europa. Seis amigos de diferentes lugares de procedencia, diferentes idades e diferentes habilidades xuntáronse pra vivir durante oito días unha experiencia brutal e con este adianto do video queren mostrar o lonxe que pode chegar a paixón polo que fan. |
Ler máis...
|
Mércores, 15 Febreiro 2017 11:27 |
Resumo das dúas viaxe a Maldivas organizado por "La Conservera del Surf" en xuño e outubro de 2016. Surf, submarinismo e diversión a bordo dos mellores barcos. Os protagonistas son amigos procedentes de Madrid, Bilbao, Pamplona, Vigo, Sevilla, Tenerife e Mallorca. Música: Mongin "Mentirosa". |
Ler máis...
|
Domingo, 12 Febreiro 2017 12:08 |

Velaquí tedes dúas potentes fotos e un vídeo do surfeiro coruñes Juan Fernández en Pipeline y Waimea feitas este mes durante a súa viaxe invernal ao North Shore. Juan Fernández López atópase na actualidade adestrando en Hawaii, onde combina a preparación do próximo circuíto europeo co surf en ondas grandes. Este novo surfeiro coruñés, de 18 anos, despois de aprobar segundo de bacharelato e a selectividade, decidiu dedicar este curso escolar a adestrar nas mellores praias de mundo.
O seu adestrador expúxolle que antes de ir ás potentes ondas de Hawaii tiña que adaptarse en ondas parecidas, así decidiron que en primeiro lugar, antes do nadal concentraríase durante un mes na illa de Lanzarote, cun colaborador do seu adestrador, Franito.
|
Ler máis...
|
Martes, 22 Novembro 2016 21:12 |
Vídeo de Rayito surfeando na praia de Popoyo en Nicaragua coa súa prancha Lady Marmalade 5'9'' presentado por Bowltash surfboards. Video by Timothy Latte.
|
Ler máis...
|
Venres, 18 Novembro 2016 09:13 |
Pablo Montero - A finais de setembro, coa chegada do outono a Galicia, un grupo de amigos dicimos irnos de viaxe ás Illas Maldivas. Ao principio non sabiamos ben se ir en barco ou facelo por terra pero despois de moito falalo decidimos probar as dúas opcións. Empezamos pasando unha semana na illa de Himmafushi, no incrible Mango Surf House. Despois, embarcámonos no luxoso Urivai, onde puidemos gozar da vida a bordo.
Neste vídeo móstrase o que vén sendo un día calquera na casa. Moita comida, moitas risas e moito surfing. Con algunhas imaxes da vida a bordo ao final.
|
Ler máis...
|
|
Martes, 08 Novembro 2016 10:01 |
Novo vídeo profile do rider ferrolán Mike surfando nas illas de Sumbawa e Bali, en Indonesia, o pasado mes de Setembro. Music: BALA - Joan Vollmer. |
Ler máis...
|
Mércores, 26 Outubro 2016 09:08 |
Novo vídeo de Pablo Montero e os seus amigos de viaxe pola costa de Filipinas e as sesións de surf na mitica onda de Cloud 9 nas illas Siargao.
|
Ler máis...
|
Venres, 14 Outubro 2016 09:08 |
Novo vídeo do colectivo surfeiro DICOCO con imaxes das súa viaxe a Indonesia, Berte surfando ondas perfectas en Nías e Mike e Yago en Sumbawa. |
Ler máis...
|
Mércores, 05 Outubro 2016 08:14 |
Vídeo resumo da viaxe de Nico Peña a Indonesia coas súas millores ondas e momentos. Cámara: @matiasbbk |
Ler máis...
|
|
|
|
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seguinte > Final >>
|
Páxina 6 de 18 |