Luns, 18 Novembro 2019 16:16 |
Mais outro novo vídeo feito por un par viaxeiros que estiveron o pasado mes de outubro por toda a costa galega surfeando moitas das nosas praias con moi boa sorte. Un gran resumo dunha viaxe dende o Miño ata as Rías Altas.
|
Venres, 08 Novembro 2019 09:48 |
Resumo da viaxe de Diogo Dias, un surfista de Portugal pasando por Vigo, Coruña, Baiona, Santiago de Compostela até ás praias da zona de Ferrol e Nigrán, onde o surf non poderia faltar! |
Martes, 22 Outubro 2019 14:55 |
O surfeiro profesional francés Cédric Giscos publicou un novo vídeo con imaxes de Illa Pancha e outras ondas xigantes do mar Cantábrico na compaña de Pierre Fourcade. Todo un espectáculo de surf e adrenalina.
|
Luns, 14 Outubro 2019 18:36 |
Unhas ondas con Pablo Montero dende Cloud 9 nas Illas Filipinas.
|
Luns, 16 Setembro 2019 11:29 |
Resumo da viaxe do equipo Prado Surf á costa francesa dirixida polos adestradores Derick Rey e Pablo Occy. |
|
Martes, 13 Agosto 2019 19:55 |

O adestrador nacional en surfing nivel I é unha titulación oficial deportiva regrada no BOE, que forma ás persoas para ser adestradores deportivos de surf. Esta titulación está composta por unha proba de acceso, un bloque específico, un bloque común e un período de prácticas de 150 horas.
A proba de acceso realizarase o sábado 7 de setembro na praia de Patos (10:00 AM), Nigrán, Pontevedra, según condicións meteorolóxicas mobilidade á praia de Caión A Laracha, A Coruña. O importe é de 50 euros xa incluídos no prezo do curso. En caso de non pasar a proba de acceso, devolverase todo o importe pago excepto estes 50 euros da proba de acceso.
|
Ler máis...
|
Xoves, 11 Abril 2019 17:10 |
Novo vídeo de Pablo Montero surfeando en Dakar, Senegal, en marzo de 2019, durante a primeira etapa do circuíto mundial de surf da historia que se organiza en no oeste de África. |
Ler máis...
|
Xoves, 04 Abril 2019 12:06 |
Pablo Montero e Alex Vilalta surfeando no Mar Mediterráneo o pasado mes de Marzo.
|
Venres, 25 Xaneiro 2019 11:45 |
Unha viaxe de surf con Aritz Aranburu dende o Atlántico ao Caribe na compaña de grandes amigos. Tubos en Madeira xunto a Gony Zubizarreta e ondas perfectas e mergullo con Leo Fioravanti e Rubén Vitoria no Caribe. Un vídeo cheo de pensamentos íntimos e personais que nos axudan un pouco a coñecer a este gran surfeiro. |
|
|
|
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seguinte > Final >>
|
Páxina 2 de 18 |