Surf Viaxes
The Walking Things [VIDEO]
Venres, 18 Xaneiro 2013 14:19

Fermoso vídeo de Kako García e os seus alumnos, Isabel Gundín, Carlos Lorenzo e Alberto Mosquera con imaxes das súas sesións da viaxe a unha illa no medio do Atlántico. No vídeo tedes imaxes dunha esquerda perfecta e tamén aparece unha dereita potente coa que gozaron unha boa sesión...

 
Surf Europeo a bordo do King Millenium [VIDEO]
Luns, 07 Xaneiro 2013 00:46

Viaxe a bordo do King Millenium 2 do equipo europeo formado por Gony Zubizarreta, Hodei Collazo, Jonathan Gonzalez, Marcelino Botin, Nic von Rupp, Nick Uricchio & Pablo Gutierrez nas illas indonesias de Mentawai collendo unhas ondas incribles e desfasando con aéreos, tubos e xiros. Se queredes vivir esa experiencia podedes contactar con David Valladares, surfeiro vigués e capitán do barco.


Ler máis...
 
Santander Afternoons con Diego Álvarez
Domingo, 06 Xaneiro 2013 01:09

Velaí vai un video fermoso do rider coruñes Diego Álvarez gravado no Muro de Santander e surfeando unha esquerda pequena pero longa e divertida na capital de Cantabria.

Ler máis...
 
Viaxe a Mentawai de Chusma Surfboards
Martes, 25 Decembro 2012 22:17

Velaquí van algunhas fotos de Chusma Surfboards na súa viaxe deste ano en Indonesia collidas do seu blog e no que podedes ler as súas explicacións sobre o quiver que levou e o resultado de cada unha das pranchas escollidas: un bonzer, un single e un stubbie. Debaixo tedes a Chusma co seu bonzer en Mentawai, unha prancha rápida, con volume e boa de xirar.

Ler máis...
 
Surfing Calling - Miguel Palomo [VIDEO]
Mércores, 14 Novembro 2012 00:00

Velaquí tedes un vídeo dunha viaxe transcantábrica que comeza en Barcelona o 20 de Maio pasando por San Sebastian, Zarautz, Bilbao, Mundaka, onde por motivos meteorolóxicos as previsións non foron das mellores. Polo camiño o autor do vídeo, Miguel Palomo, atopouse con Ainara Aimat, surfeiro profesional. A viaxe termina no norte de Galicia, un lugar que considera máxico polos seus anos vividos na nosa terra. As tomas de Galicia foron realizadas a tarde do 6 de setembro cunhas previsións de 2,5 mtrs.

Ler máis...
 
Surf en Cádiz con Pablo Montero [VIDEO]
Luns, 12 Novembro 2012 00:00

O pasado verán despois da súa viaxe a Francia, o rider coruñes Pablo Montero baixou ata o sur pra coller unhas boas ondas en Cádiz, na onda de El Palmar. Nesta nova vídeo entraga tedes algo das sesións que puideron disfrutar...

Ler máis...
 
Sesións nas Landas de Pablo Montero [VIDEO]
Xoves, 08 Novembro 2012 00:00

Vídeo coas imaxes de Pablo Montero, Will Ogilvie, Carlos Gey, Gerardo Madero e Guillermo Alonso surfeando en Francia varias sesións de surf a finais do verán. Vídeo de MadPump.es

Ler máis...
 
Gofio Sessions en Lanzarote [VIDEO]
Mércores, 31 Outubro 2012 11:24

Novo vídeo de Gony Zubizarreta gravado a pasada semana na Illa de Lanzarote en varias sesións libres de surf na compaña dos seus amigos namentras disputaban a proba da ASP Europa na famosa esquerda de San Juan.

Ler máis...
 
Mellow Loco de viaxe en Namibia
Mércores, 24 Outubro 2012 11:21

Mellow Loco en Namibia é o novo vídeo dos riders Marlon Lipke, Gony Zubizarreta, Joan Duru, Josh Redman, Aritz Aranburu e Dane Gudauskas surfeando o novo 'Desert Point' africano en Namibia que apareceu estes últimos anos e pódese considerar unha das mellores esquerdas do planeta. Mellow Loco é un novo proxecto online do team formado por Gony Zubizarreta e Marlon Lipke e no que podedes seguir as viaxes destes dous riders aventureiros e que promete ser unha das webs visitadas este inverno.

Ler máis...
 
<< Inicio < Anterior 11 12 13 14 15 16 17 18 Seguinte > Final >>

Páxina 11 de 18

Outras noticias que tamén che poden interesar:

Cartel

Atención! Este sitio emprega cookies e tecnoloxías similares.

Non mudar a configuración do teu navegador implica que aceptas o seu uso.

Acepto

Sobre Nós

Surf GZ é un xornal surfeiro que ten coma obxetivo promover e espallar a cultura da xente da praia pola Rede. Levamos traballando dende 2008 e levamos máis de 4.000 novas publicadas grazas ao traballo dos nosos colaboradores.

Colabora connosco!

Podes colaborar connosco como corresponsal ou fotógrafo enviando os teus artigos, fotos, vídeos, crónicas de campionatos e outros eventos. Estamos encantados de publicar os vosos traballos pra que cheguen a máis xente. Axúdanos!

As nosas Redes

Podes seguirnos nas Redes sociais onde estamos publicando e compartindo novas de seguido. Únete á conversa en: