Surf Viaxes
Calipornia [VIDEO]
Luns, 27 Agosto 2012 00:00

Despois do seu pase polo US Open Gony Zubizarreta, Jaji Iglesias e os seus amigos de sempre, Jonathan González, Nic Von Rupp, Hodei Collazo e Aritz Aramburu marcharon a San Clemente e fixeron este vídeo que xa superou as 10.000 visitas en Vimeo e que mostra unha boa sesión de verán en California.

Ler máis...
 
Maldivas Boat Trip a bordo de Haira Outubro
Venres, 17 Agosto 2012 00:00

Acabamos de recibir unha oferta de Max Surfaris para viaxar no Haira o vindeiro mes de Outubro por 825€. Tedes as condicións da oferta na súa web xa que este prezo non inclue gastos de avión nin gastos persoais pero parece un bo prezo por sete días nun barco surfando as mellores ondas de Maldivas.

Max Surfaris é unha empresa de viaxes especializada en viaxes de surf.

Ler máis...
 
France Surfing Time - Rebiere Family [VIDEO]
Xoves, 19 Xullo 2012 00:00

Eric Rebiere a súa familia gravaron este vídeo na súa viaxe a Francia onde puideron disfrutar de boas ondas e os campionatos estivais cos mellores riders do mundo nas augas de Biarritz e Hossegor. Todo un espectáculo do surf!

Ler máis...
 
Novalbos Surf Mentawai!
Luns, 16 Xullo 2012 00:03

Xa temos a mellor selección da viaxe feita por un grupo de riders vigueses da man de Novalbos e o King Millenium por augas das illas Mentawai en Indonesia o pasado mes de Marzo. Pedro Novalbos, Julio, Horacio, Toni, Angel, Juanete, Juan, Gorky, Cesar, Luis Gayoso, Sergio e Diego Armada puideron disfrutar con David Valladares de ondas mundiamente coñecidas como Burgerworld, Bankvaults, Nipussi, rifles, 4box, Hollowtrips, Macarronis e outras máis..


Ler máis...
 
Blacks Beach: Surf con Gony e Jonathan
Xoves, 14 Xuño 2012 12:26

Novo vídeo de Gony Zubizarreta, Jaji Iglesias e o canario Jonathan González nunha divertida sesión en Blacks Beach en San Diego, California. Vídeo: Juan Fernández

Ler máis...
 
David Valladares 4 X Surf Mentawai [VIDEO]
Luns, 28 Maio 2012 00:00

Novo vídeo do soul surfer galego David Valladares en Indonesia, surfando en ondas de Mentawai a bordo do seu bote King Millenium, en Nias e tamén en Desert Point na illa de Lombok. As imaxes foron gravadas por Gemma Alonso, Sebastián Coto e a tripulación do King Millenium. Dirección e edición por Sebastián Coto.

Ler máis...
 
California Teriyaki [VIDEO]
Luns, 21 Maio 2012 00:06

A Vigo KK Mafia anda estes días pululando polas costas de California e surfeando todo o que poden. Jaji e Gony pasaron un día na praia de Scripps, na Jolla, entre bañistas, canoas e paddles facendo o que mellor saben, divertirse na auga e fora dela.

Ler máis...
 
Gony Lanza Mix [VIDEO]
Luns, 09 Abril 2012 00:02

Velaquí tedes o novo vídeo de Gony Zubizarreta gravado nas augas da illa de Lanzarote o pasado mes de Marzo grazas ao traballo de Pocholo que pasou varios días gravando a un selecto grupo de surfeiros europeos nun Quemao en perfectas condicións abrindo de esquerda e dereita. Días clásicos de vento sur en Lanzarote.

Ler máis...
 
Eric & Friends en Ericeria [VIDEO]
Luns, 02 Abril 2012 00:01

Potente vídeo de Eric Rebiere, Miguel Fortes, Paulo do Bairro, Jose Gregorio e outros riders en Ericeira facendo tubos moi potentes durante dous días de ondas perfectas. O vídeo superou xa as 12.000 visitas en dous días. Recomendado 100%. Vídeo: Bruno Novoa

Ler máis...
 
<< Inicio < Anterior 11 12 13 14 15 16 17 18 Seguinte > Final >>

Páxina 12 de 18

Outras noticias que tamén che poden interesar:

Cartel

Atención! Este sitio emprega cookies e tecnoloxías similares.

Non mudar a configuración do teu navegador implica que aceptas o seu uso.

Acepto

Sobre Nós

Surf GZ é un xornal surfeiro que ten coma obxetivo promover e espallar a cultura da xente da praia pola Rede. Levamos traballando dende 2008 e levamos máis de 4.000 novas publicadas grazas ao traballo dos nosos colaboradores.

Colabora connosco!

Podes colaborar connosco como corresponsal ou fotógrafo enviando os teus artigos, fotos, vídeos, crónicas de campionatos e outros eventos. Estamos encantados de publicar os vosos traballos pra que cheguen a máis xente. Axúdanos!

As nosas Redes

Podes seguirnos nas Redes sociais onde estamos publicando e compartindo novas de seguido. Únete á conversa en: