Surf Viaxes Sesións hawaiianas de Juan Fernández
Sesións hawaiianas de Juan Fernández
Domingo, 12 Febreiro 2017 12:08

juan fernandez surf

Velaquí tedes dúas potentes fotos e un vídeo do surfeiro coruñes Juan Fernández en Pipeline y Waimea feitas este mes durante a súa viaxe invernal ao North Shore. Juan Fernández López atópase na actualidade adestrando en Hawaii, onde combina a preparación do próximo circuíto europeo co surf en ondas grandes. Este novo surfeiro coruñés, de 18 anos, despois de aprobar segundo de bacharelato e a selectividade, decidiu dedicar este curso escolar a adestrar nas mellores praias de mundo.


O seu adestrador expúxolle que antes de ir ás potentes ondas de Hawaii tiña que adaptarse en ondas parecidas, así decidiron que en primeiro lugar, antes do nadal concentraríase durante un mes na illa de Lanzarote, cun colaborador do seu adestrador, Franito.

Durante o nadal traballou varias semanas na coñecida onda de Nazaré co seu adestrador e o equipo do alemán Sabastian Steudtner, todo isto acompañado dun traballo físico moi intenso e unha dieta específica. Desde o día 13 de xaneiro atópase en Hawaii, onde permanecerá até mediados de marzo, na zona de North Shore, traballando cun grupo de brasileiros, seguindo os pasos do seu adestrador Eric Rebiere, que sempre lle conta que cando tiña a idade de Juan, o que cambiou a súa surf foi unha estancia similar nesta illa.

juan fernandez surf hawaii

Estes días coincide na auga con surfeiras da categoría de Kelly Slater ou Bethany Hamilton e con campionatos como o Volcom Pipe Pro. Neste último ano conseguiu moi bos resultados no circuíto europeo junior, toda a tempada mantívose entre o vinte mellores do continente, competindo en todas as probas, en Francia, Portugal e España.

En anos anteriores foi varias veces finalista no campionato de España, gañador do circuíto nacional, terceiro no circuíto gromsearch e tres anos seguidos vencedor do circuíto galego. Cando regrese de Hawaii, dedicarase a descubrir, xunto ao seu adestrador, Eric Rebiere, novas ondas en Galicia e surfear ondas cada vez máis grandes, que é o que realmente lle gusta.

Podes seguir a Juan Fernández en:

https://www.facebook.com/juan.fernandezlopez.940

{fcomments}

 
2 Votes

0 Comentarios

Engadir comentario


Completa o puzzle pra saber que non es un spammer
Cartel

Atención! Este sitio emprega cookies e tecnoloxías similares.

Non mudar a configuración do teu navegador implica que aceptas o seu uso.

Acepto

Sobre Nós

Surf GZ é un xornal surfeiro que ten coma obxetivo promover e espallar a cultura da xente da praia pola Rede. Levamos traballando dende 2008 e levamos máis de 4.000 novas publicadas grazas ao traballo dos nosos colaboradores.

Colabora connosco!

Podes colaborar connosco como corresponsal ou fotógrafo enviando os teus artigos, fotos, vídeos, crónicas de campionatos e outros eventos. Estamos encantados de publicar os vosos traballos pra que cheguen a máis xente. Axúdanos!

As nosas Redes

Podes seguirnos nas Redes sociais onde estamos publicando e compartindo novas de seguido. Únete á conversa en: