Tipo: Viaxes en barco - Boat Trips - Surf Charters Lugar: ILLAS MENTAWAI, INDONESIA Datas: Do 16 de FEBREIRO ao 13 de DECEMBRO Nivel: Nivel Alto e PRO SURFERS
O King Millenium I é un barco de 20 metros de eslora e 6 m. de ancho. Dispón de todas as comodidades para que goces ao 100% da túa viaxe de Surf e da túa estancia nas Illas Mentawai. É un barco deseñado por surfeiros para que estes o máis confortable posible na túa viaxe. Só te limitarás a surfear, comer e durmir. O motor é un Nissan turbo diesel de 360 CV. Alcanza unha velocidade de 10 nós, dous xeradores Isuzu de 2 x 20 kw.
Con capacidade para 10 persoas e 4 tripulantes. Todas as habitacións e salón están equipados con aire acondicionado. Hai unha habitación para 4 persoas e catro de dúas persoas, todas equipadas con liteiras confortables e espazosas. O salón comedor é amplo e acolledor e conta con TV, DVD, CD STEREO, equipo de vídeo e foto dixital, Play Station 2 e mini bar.
O King Millenium I dispón de estabilizadores contra o vaiven, radio satelite con altofalantes dentro e fóra do barco, hai un novo radar e tambien un winchy para recoller o ancla. Tamén hai unha ampla terraza desde onde poderás gozar das mellores vistas das ondas. Os sistemas de comunicación e navegación están compostos por un GPS, radio VHS, sonda de profundidade para garantir a seguridade do barco e a información continua acerca das condicións e previsións do surf. Por suposto dispomos de botiquín de primeiros auxilios e todo o equipamento de seguridade necesario. Dispomos de equipo de pesca, de mergullo e un barco auxiliar con fueraborda de 20 CV para acceso ao pico e illas.
A tripulación esta composta por un capitán indonesio cunha dilatada experiencia e coñecemento das augas de Mentawai; un cociñeiro, con gran repertorio culinario; un mecánico, dous mariñeiros indonesios e os guías españois e xaponeses. Segundo a nacionalidade dos clientes falamos indonesio, español, inglés, francés, xaponés e portugués. Toda a tripulación ten un amplo coñecemento no que a viaxar polo arquipélago refírese, polo que estaremos seguros no sitio propicio segundo as condicións meteorolóxicas.Tamén estamos a recibir información continua doutros barcos e da base en Padang para coñecer partes de mar, para evitar aglomeracións, etc...
O King Millenium II é un barco máis moderno con moitas máis comodidades que navega nas mesmas augas e dispón dos mesmos servizos.
GUIAS do Surf Trip:
Josema Illumbe: Orixinal de Ondarribia no Pais Vasco fronteirizo con Francia. Leva pasando as tempadas de ondas en Indonesia desde 1995 e innumerables viaxes a Mentawai e demais illas de Sumatra. Todos estes anos servíronlle de escola para coñecer as ondas e condicións de Mentawai. David Valladares: Vigo. Desde a súa primeira estancia en Indonesia no ano 1996 regresou todos os anos para gozar das ondas de Mentawai. Deste lugar di que é onde hai maior cantidade de ondas de calidade no planeta.
Fotos de surfeiros que viaxaron no King Millenium:
Light Gallery cannot find your image path: images/stories/sponsors/king/album!
Usamos cookies no noso sitio web. Algúns deles son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outros axúdannos a melloralo canda a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesmo se queres permitir cookies ou non. Ten presente que se os rexeitas, é posíbel que non poida utilizar todas as funcionalidades do sitio.
Esenciais Sempre activadas
Necesarias para o funcionamento do web. Estas cookies non poden desactivarse.
Functional
Enable convenient features and the storing of preferences.
Statistics
Help us understand how visitors use the website (audience measurement).
Marketing
Used for advertising and tracking visitors across websites.