Kalufa Surf School novo sponsor de SurfGZ

Hoxe temos a boa nova da sinatura dun novo contrato de apoio a nosa web dentro do programa "empresa amiga". A escola de surf en Lanzarote Kalufa ven de incorporarse á lista de organizacións que apoian esta iniciativa informativa na rede.

Kalufa Surf School é unha escola de surf, bodyboard e SUP que da clases na praia de Famara.



Ofrecen servizos de aloxamento en diferentes vilas surfeiras da illa e tamén servizo de aluguer de barcos pra facer surftrips pola illa. Unha posibilidade moi interesante por mor da dificultade de acceder a determinados spots en Lanzarote. A persoa de contacto é Roberto, un italiano que leva unpar de anos na illa e que é un dos mellores surfeiros italianos.


Máis info na súa web