Persoa de contacto: David / Eloy
Teléfono: (+34) 645 873 593 / 636 277 966
Email: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
Páxina Web: www.oxigenosurfschool.com
Localización:
R/ Suasbarras, 6, 1º, CP:27850, Viveiro (Lugo)

Oxígeno Surf School:

Oxigeno Surf School&Camp é unha escola campamento de Surf, KiteSurf e Sup (PaddleSurf) que actúa na zona de A Mariña e Ortegal. Nace en 2009 da colaboración entre Glass Surf Clube e a Federación Galega de Surf co propósito de promover a práctica do Surf, KiteSurf e Sup en Galicia. Os seus instructores son técnicos titulados, licenciados en INEF, socorristas acuáticos, monitores de tempo libre, levan máis de 10 anos practicando Surf e coñecen como naide todo o necesario para que aprendas de unha maneira segura e divertida.

Ofrece campamentos, cursos de iniciación/perfeccionamento, alquiler e venda de materiais de Surf, KiteSurf e PaddleSurf.

Material técnico da máxima calidade, transporte incluido, seguros de responsabilidade civil/accidentes e vestiarios a pé de praia.

Respira Surfing!!

Algunhas fotos de Oxígeno Surf School:

{artsexylightbox path="images/stories/sponsors/oxigeno/oxigeno" previewWidth="292" previewHeight="180"}{/artsexylightbox}

Monitores de Oxígeno Surf School:

Os  técnicos-monitores e promotores de Oxígeno Surf School son David Díez Polo, diplomado en Educ. Fisica e Educ. Primaria, estudante da Licenciatura de Psicopedagoxía, monitor de Tempo Libre, Técnico en Surf e Bodyboard e Xuiz (a falta das prácticas) de Surf e Bodyboard da Federación Galega de Surf. Máis de 10 anos de surf e bodyboard as suas costas.

      

Eloy                                                                                  David

Eloy Nuñez Fernandez é licenciado en Inef, ten a maestría en salvamento e socorrismo, Técnico en Surf e Bodyboard e Xuiz de Surf e Bodyboard da Federación Galega de Surf a falta das prácticas. Mais de 10 anos de surf as suas costas.

Campamento, Clases e cursos:

Os cursos de Surf durante a época de verán teñen lugar na praia de Esteiro do Barqueiro (Mañón - A Coruña) e tamén facemos cursiños na praia de San Román (Vicedo-Lugo). A zona onde realizan os cursosde KiteSurf son as praias de Arealonga e Ría do Barqueiro, desembocadura do Río Sor que separa A Coruña de Lugo, outra praia é a de Estaca de Bares (Mañón-A Coruña) e a praia de Area (Viveiro-Lugo.)

A escola é tamén movil, característica que lles permite dar cursos o longo de toda a zona de A Mariña e Ortegal.

A parte de campamento ten a súa base en Viveiro (Lugo), onde se sitúa a Surf House de 7 habitacións cunha capacidade para 15 persoas. Como actividades alternativas do campamento podedes realizar un bautismo de PaddleSurf, decenso en kayak, paintball e karting entre moitas outras.

Organizamos campamentos durante os meses de verán, Semana Santa e calquera ponte festiva.

Descontos especiais para antigos alumnos, se traes o teu propio material, familias numerosas, un grupo de 6 a prezo de 5, empresas e concellos.

Contamos con mais de 30 táboas soft para evitar accidentes en iniciación así coma táboas duras para perfeccionamento e traxes integrais de primavera/verán. A nosa escola pode acoller ata 30 alumnos diarios, contamos con vestiarios-almacen en ambas praias para ofrecer un servizo de calidade os nosos alumnos.

Estamos presentes nas redes sociais de Facebook e Tuenti con mais de 2000 seguidores en ambas onde poderás encontrar información, fotos e artigos relacionados ca nosa escola así coma información sobre períodos de apertura e peche.

Mapa:

Mapa:

{mosmap overview='1'|text='<a href=http://www.oxigenosurfschool.com target=blankTarget title=linkTitle>Oxígeno Surf School</a>'|width='700'|height='600'|lat='43.6717208192937'|lon=-7.611894607543945'|zoom='8'|zoomType='Large'|zoomNew='0'|mapType='Hybrid'||tooltip='DWO'|marker='1'|align='center'}


Visita a súa web en
 
 

OXIGENO SURF






 
Usamos cookies

Usamos cookies no noso sitio web. Algúns deles son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outros axúdannos a melloralo canda a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesmo se queres permitir cookies ou non. Ten presente que se os rexeitas, é posíbel que non poida utilizar todas as funcionalidades do sitio.