Estreamos nova imaxe no Twitter de @SurfGz

Hoxe estamos a piques de chegar aos 600 seguidores na nosa conta do Twitter e por iso aproveitamos o tirón despois de varias semanas de traballo pra mostrarvos a nova imaxe do Twitter cun fondo da praia de Pantín tomada este verán e con info das nosas outras canles de comunicación. Temos a vosa disposición tamén unha interesante lista con case 40 membros da Industria Galega do Surf formada pola Federación Galega de Surf, escolas, surfcamps, shapers e varias tendas de surf do País.

Twitter Galicia surf

Agradeceriamos moito a vosa opinión nos comentarios sobre o noso Twitter coa intención de mellorar. Tamén podedes facelo desde a vosa conta Twitter mencionando @surfgz nos vosos tweets. Tamén queremos aproveitar pra recomendar o hashtag #boasondas pra publicar as vosas fotos das sesións e poder facer procuras do estado do mar na costa.

SurfGZ no Twitter:

https://twitter.com/SurfGz

Listas de SurfGz:

Industria Galega do Surf: https://twitter.com/SurfGz/industria-galega-de-surf

Media Partners: https://twitter.com/SurfGz/surf-media-partners

Surf Internacional: https://twitter.com/SurfGz/surfing-international

Podedes suscribirvos a estas listas. Son de balde ;)

Se queres descargar un manual PDF sobre Twitter para aprender máis sobre esta ferramenta podes facelo neste link:

http://www.joomlaempresa.es/gl/descargas/extensions-gratis/libros-pdf/100-redes-sociales.html

Moitas grazas a tod@s por seguirnos!

Twitter Galicia surf




Usamos cookies

Usamos cookies no noso sitio web. Algúns deles son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outros axúdannos a melloralo canda a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesmo se queres permitir cookies ou non. Ten presente que se os rexeitas, é posíbel que non poida utilizar todas as funcionalidades do sitio.