5 anos de SurfGz.com!

Estamos de cumpreanos! Hoxe ás 17:53 da tarde fai xusto 5 ANOS que abrimos www.surfgz.com

Nestes 5 anos publicamos unhas 3.000 noticias sobre o surf, bodyboard e long na nosa costa.

Somos uns 4.000 surfeiros que habitualmente pasamos pola web cada mes e por iso somos a referencia informativa do surf galego pese a quen lle pese.

Todo iso con CERO euros da Xunta, dos Concellos e das Deputacións. Pero si que contamos con axudas de empresas do mundo do SURF que apoian este proxecto informativo e grazas a eles seguiremos informando do que acontece na nosa costa!

MOITAS GRAZAS a TOD@S!!!!