Boas críticas para SurfGZ.com na internet galega

Estes días atopamos na Rede Galega un par de referencias ao noso proxecto informativo con moi boas críticas e pensamos que é interesante publicalas.

Unha destas referencias é na web de Xanela Galicia xestionada polo Banco Pastor onde aparecen as 100 webs galegas máis relevantes da nosa terra.

A outra referencia importante foi unha noticia publicada no xornal galego máis importante da rede Vieiros.com que ten milleiros de visitas diarias e que permite a publicación de noticias polos usuarios. A noticia sobre SurfGZ ten 10 votos e unha nota media de 4,6 sobre 5.

 

 
 

Tamén queremos destacar que estes días estamos superando todas as marcas e xa pasamos das 500 visitas semanais. Moitas grazas a todos os que visitades esta páxina web e colaborades nela. 
 
O equipo de SurfGZ.com