Aledámonos moito de poder publicar esta noticia xa que rematamos o mes de xaneiro preto das 1.500 visitas e superamos as 4.500 páxinas visitadas. Isto supón un incremento superior ao 50% en tráfico do web respecto ao mes de decembro.
Pouco a pouco SurfGz.com vaise convertindo nun referente informativo para todos os amantes dos deportes da praia. Somos a primeira revista surfeira en galego e esperamos continuar moito tempo apoiando a práctica do surfing e bodyboard.
Graciñas por confiar en nós.
O equipo de SurfGZ.com