Prado Surf Escola: Novo patrocinador de SurfGZ

Temos que anunciar que SurfGZ.com empeza a conseguir apoios dentro das organizacións surfeiras galegas. O primeiro sponsor PRADO SURF ESCOLA ven de asinar o seu apoio por un ano dentro do programa "empresa amiga" e deste xeito vai axudar a pagar os custes de mantemento do web facendo posible a continuidade deste proxecto informativo en internet.

 A Prado Surf Escola nace no ano 1998 co propósito de promove-lo surf en Galicia e de facer que calqueira persoa que o desexe poida acceder á práctica de este deporte. Ofrecen clases todo o ano de surf, bodyboard ou longboard.