King Milleniun -  Mentawai - Indonesia


Persoa de contacto: Miriam Valladares
Teléfono: 636 024 702 / 653 929 347
Email: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
Páxina Web: www.surfingmentawai.com


Viaxes:

Tipo: Viaxes en barco - Boat Trips - Surf Charters
Lugar: ILLAS MENTAWAI, INDONESIA
Datas: Do 16 de FEBREIRO ao 13 de DECEMBRO
Nivel: Nivel Alto e PRO SURFERS

O King Millenium I é un barco de 20 metros de eslora e 6 m. de ancho. Dispón de todas as comodidades para que goces ao 100% da túa  viaxe de Surf e da túa estancia nas Illas Mentawai. É un barco deseñado por surfeiros para que estes o máis confortable posible na túa viaxe. Só te limitarás a surfear, comer e durmir. O motor é un Nissan turbo diesel de 360 CV. Alcanza unha velocidade de 10 nós, dous xeradores Isuzu de 2 x 20 kw.
Con capacidade para 10 persoas e 4 tripulantes. Todas as habitacións e salón están equipados con aire acondicionado. Hai unha habitación para 4 persoas e catro de dúas persoas, todas equipadas con liteiras confortables e espazosas. O salón comedor é amplo e acolledor e conta con TV, DVD, CD STEREO, equipo de vídeo e foto dixital, Play Station 2 e mini bar.

 
    
 
O King Millenium I dispón de estabilizadores contra o vaiven, radio satelite con altofalantes dentro e fóra do barco, hai un novo radar e tambien un winchy para recoller o ancla. Tamén hai unha ampla terraza desde onde poderás gozar das mellores vistas das ondas. Os sistemas de comunicación e navegación están compostos por un GPS, radio VHS, sonda de profundidade para garantir a seguridade do barco e a información continua acerca das condicións e previsións do surf. Por suposto dispomos de botiquín de primeiros auxilios e todo o equipamento de seguridade necesario. Dispomos de equipo de pesca, de mergullo e un barco auxiliar con fueraborda de 20 CV para acceso ao pico e illas.

A tripulación esta composta por un capitán indonesio cunha dilatada experiencia e coñecemento das augas de Mentawai; un cociñeiro, con gran repertorio culinario; un mecánico, dous mariñeiros indonesios e os guías españois e xaponeses. Segundo a nacionalidade dos clientes falamos indonesio, español, inglés, francés, xaponés e portugués. Toda a tripulación ten un amplo coñecemento no que a viaxar polo arquipélago refírese, polo que estaremos seguros no sitio propicio segundo as condicións meteorolóxicas.Tamén estamos a recibir información continua doutros barcos e da base en  Padang para coñecer partes de mar, para evitar aglomeracións, etc...
 
O King Millenium II é un barco máis moderno con moitas máis comodidades que navega nas mesmas augas e dispón dos mesmos servizos.
 

GUIAS do Surf Trip:

Josema Illumbe: Orixinal de Ondarribia no Pais Vasco fronteirizo con Francia. Leva pasando as tempadas de ondas en Indonesia desde 1995 e innumerables viaxes a Mentawai e demais illas de Sumatra. Todos estes anos servíronlle de escola para coñecer as ondas e condicións de Mentawai.

David Valladares:
Vigo. Desde a súa primeira estancia en Indonesia no ano 1996 regresou todos os anos para gozar das ondas de Mentawai. Deste lugar di que é onde hai maior cantidade de ondas de calidade no planeta.

Fotos de surfeiros que viaxaron no King Millenium:

{artsexylightbox path="images/stories/sponsors/king/album" previewWidth="290" previewHeight="190"}{/artsexylightbox}

Mapa:

{mosmap overview='1'|text='

<a href=http://www.surfingmentawai.com target=blankTarget title=linkTitle>King Millenium</a>

'|width='700'|height='600'|lat='-0.9974738718667752'|lon='100.37246704101562'|zoom='7'|zoomType='Large'|zoomNew='0'|mapType='Hybrid'||tooltip='DWO'|marker='1'|align='center'}


Visita a súa web en
 
 
 
 
 
 
 
Usamos cookies

Usamos cookies no noso sitio web. Algúns deles son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outros axúdannos a melloralo canda a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesmo se queres permitir cookies ou non. Ten presente que se os rexeitas, é posíbel que non poida utilizar todas as funcionalidades do sitio.