Arson nº1 xa na Rede!

[issuu layout=http%3A%2F%2Fskin.issuu.com%2Fv%2Fdark%2Flayout.xml showflipbtn=true documentid=110501160808-87d029987958478ca322450dd4ab3792 docname=arson_n_1 username=ARSonbbmagazine loadinginfotext=ARSon%20n%C2%BA1 showhtmllink=true width=550 height=413 unit=px]

Arson é unha nova revista de bodyboard feita dende Euskadi por Unaitz Unanue que acaba de lanzar o seu primeiro número en Issuu. Na revista tedes sesións espectaculares de bodyboard no Cantábrico e fotos da nosa costa feitas por Bruno Nóvoa, Fotosplino, José Dopico, Marcos Amor e algún outro máis. Se vedes algunha foto vosa podedes contactar con eles en: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

Nesta entrega tedes unha boa reportaxe de Andrín, un surftrip a Ericeira, algunhas boas secuencias, unha reportaxe sobre a nova onda basca Wave-Garden e moitas outras novas.

Podedes ler a revista en Issuu en:

http://issuu.com/arsonbbmagazine/docs/arson_n_1

Surf GZ é un xornal que promove e espalla a cultura da xente da praia en internet. Levamos traballando dende 2008 e xa publicamos máis de 5.000 novas de surf, longboard, ecoloxía, cultura, paddle surf e bodyboard. Moitas grazas pola túa visita.

Surf Galicia SurfGz.com

Usamos cookies

Usamos cookies no noso sitio web. Algúns deles son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outros axúdannos a melloralo canda a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesmo se queres permitir cookies ou non. Ten presente que se os rexeitas, é posíbel que non poida utilizar todas as funcionalidades do sitio.