Convocada a 1ª Proba da Liga Galega de Bodyboard en Barrañán ou Valcobo o vindeiro dominfo 26 de Xuño, dependendo das condicións do mar o día do campionato. Non haberá checking. Estaremos pendentes das previsións de ondas por posible aprazamento.
Aqueles que aínda non estean federados deben federarse antes deste xoves. Recordade enviar a autorización de menores de idade da tempada actual. Inscrición aberta ata o venres 24 de xuño ás 11.00h.