Por quinto ano consecutivo, anunciamos o V Campionato Ferrolán de Bodyboard que terá lugar en Ferrolterra e conta cun tempo de espera dende o día 9 de Setembro ó 9 de Outubro. Contará con categorías feminina, masculina, máster, junior e Drop Knee.
Este ano tamén contará co Campionato Galego de Bodyboard e deste xeito veremos máis competición e participantes na area.