Bobyboard primaveral nas Rías Baixas

Bobyboard primaveral nas Rías Baixas

Unha sesión de Bodyboard á tardiña nas Rías Baixas durante a primavera do 2023. Como se pode ver neste vídeo, o mar tiña pouco tamaño este día, pero sobre todo moi pouca forza. Agora que pasou o inverno, coa forza característica das súas ondas, estou a darme conta de que os días nos que o mar non axuda son aqueles en os que che dás conta do teu verdadeiro nivel. Ou polo menos do nivel da túa técnica.

Os días de ondas grandes e fortes diría que o complicado é ter a forma física e a confianza para aguantar pero resulta máis "sinxelo" coller velocidade para tentar as manobras. Con todo, os días como os deste vídeo calquera erro na túa técnica págase caro na velocidade e termínase notando en que fallas a manobra que tentas.

Este día tiven a sorte de ter a alguén gravando desde a beira, así que vos traio un formato distinto. A diferenza dos vídeos en primeira persoa, coa gravación desde fóra pódense apreciar os meus erros, que polo que vexo son uns cuantos.

Texto e vídeo: Víctor LS.

Bobyboard primaveral nas Rías Baixas
Watch the video

Surf GZ é un xornal que promove e espalla a cultura da xente da praia en internet. Levamos traballando dende 2008 e xa publicamos máis de 5.000 novas de surf, longboard, ecoloxía, cultura, paddle surf e bodyboard. Moitas grazas pola túa visita.

Surf Galicia SurfGz.com

Usamos cookies

Usamos cookies no noso sitio web. Algúns deles son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outros axúdannos a melloralo canda a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesmo se queres permitir cookies ou non. Ten presente que se os rexeitas, é posíbel que non poida utilizar todas as funcionalidades do sitio.