Xa temos datas para unha nova edición do Campionato de Bodyboard Cidade de Ferrol que se vai celebrar na praia de Doniños os vindeiros días 4, 5 e 6 de outubro. Este evento contará coas probas da Liga Galega de Bodyboard e tamén co Campionato Local no que participarán os bodyboarders da zona.