Crónica e Resultados do Campionato de BB de Valcobo

Alex Rico e Yiyi Obenza foron os vencedores do I Campionato Open de Bodyboard New Wave que comenzou con 48 competidores en Prone e 26 en Drop Knee. Chegados dende todas partes de Galiza, aínda que a maior parte eran de Coruña e Ferrol. O primeiro dia de campionato as ondas non acompañaron xa que o forte vento do Nordeste "onshore" fixo que a calidade das ondas non fose a esperada. As ondas estaban entre o metro e o metro e medio.

Alex Rico foi o campión en categoría Prone

O segundo dia de competicion, comezáronse con cuartos, semis e finais, nas dúas modalidades. Neste segundo dia puidéronse ver mellores ondas e manobras mais espectaculares, xa que as condicións melloraron. O tamaño das ondas baixaron a medio metro, pero a calidade mellorou xa que o vento era nulo.

Resultados Prone:

1º Alex Rico

2º Kako García

3º Iván Piñeiro

4º Kike Sanjurjo

Resultados Drop Knee

1º Yiyi Obenza

2º Alejandro Delgado

3º Kako García

4º Brais González

Resultados I Campionato New Wave Open Bodyboard Valcobo 2010:

Descargar Resultados Open (Todas as mangas)

Descargar Resultados Drop Knee (Todas as mangas)

Yiyi Obenza, o mellor galego en DK

Entrega de Premios Prone

Rider non identificado - Foto: Blog de Rozas

Logo de realizar a entrega de premios aos competidores, tamén houbo algun agasallo para o publico. Outro dato a ter en conta foi que o premio que regalaba Arin era un Bodyboard DK, para o mellor rider non esponsorizado que levou o coruñes Fiz Gomez.

Alex Rico - Foto: Carlos Ramos

Kike - Foto: Carlos Ramos

Carpa dos xuíces - Foto: Blog de Rozas

Texto: Dani Castro

Fotos: Carlos Ramos e Víctor Ochoa

Máis fotos en:

http://blogderozas.blogspot.com/2010/09/newave-champ.html

Fonte da noticia:

http://newwavestore.blogspot.com/2010/09/open-bodyboard-new-wave-valcobo.html


Surf GZ é un xornal que promove e espalla a cultura da xente da praia en internet. Levamos traballando dende 2008 e xa publicamos máis de 5.000 novas de surf, longboard, ecoloxía, cultura, paddle surf e bodyboard. Moitas grazas pola túa visita.

Surf Galicia SurfGz.com

Usamos cookies

Usamos cookies no noso sitio web. Algúns deles son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outros axúdannos a melloralo canda a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesmo se queres permitir cookies ou non. Ten presente que se os rexeitas, é posíbel que non poida utilizar todas as funcionalidades do sitio.